CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Proxecto de interese autonómico

Con carácter xeral, os proxectos de interese autonómico  deben someterse ao procedemento simplificado de avaliación ambiental estratéxica simplificada.

Lexislación de referencia

• Lei 1/2021, do 8 de xaneiro, de ordenación do territorio de Galicia (artigos 22.2 e 55)
• Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia (artigo 35)
• Orde do 10 de outubro de 2019 de aprobación das Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia
• Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (proxectos de interese autonómico relativos ao desenvolvemento de solo empresarial)

O procedemento comprende as seguintes fases:

1. Solicitude de inicio

O órgano substantivo remitirá ao órgano ambiental unha solicitude de inicio da avaliación ambiental estratéxica simplificada, acompañada dun borrador do instrumento de ordenación do territorio e dun documento ambiental estratéxico.

O documento ambiental estratéxico terá, como mínimo, o contido que establece o artigo 29 da Lei 21/2013 de avaliación ambiental.

 A documentación do plan (escrita e gráfica) deberá estar adaptada ás Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia (disposición adicional sexta L1/2021).

2. Consultas previas

O órgano ambiental consultará ás administracións públicas afectadas e ás persoas interesadas, que se pronunciarán no prazo de 30 días hábiles. 

2. Informe ambiental estratéxico (IAE)

O órgano ambiental formulará o informe ambiental estratéxico no prazo de tres meses, contados desde a recepción da documentación completa. No IAE determinará se o instrumento de ordenación do territorio ten ou non efectos significativos no medio ambiente:

  • No caso de que poida ter efectos significativos sobre o medio ambiente, o proxecto de interese autonómico deberá someterse ao procedemento ordinario de avaliación ambiental estratéxica e o órgano ambiental elaborará o documento de alcance do estudio ambiental estratéxico.
  • De non prever efectos ambientais significativos, o procedemento ambiental finalizará e o instrumento de ordenación do territorio poderá aprobarse nos termos que o propio IAE estableza.

O informe ambiental estratéxico publicarase no Diario Oficial de Galicia e no portal web do órgano ambiental.

Órgano ambiental

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático
Edificio administrativo de San Lázaro s/n
15781 Santiago de Compostela

Documento/s relacionados
Contacto/s relacionados