CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Modificación menor do planeamento xeral

As modificacións menores do planeamento xeral (PXOM ou NSP) deben ser obxecto de avaliación ambiental simplificada (artigo 46.2.a da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia).

A modificación de calquera dos elementos do planeamento xeral suxeitarase ás mesmas disposicións enunciadas para a súa tramitación e aprobación (artigo 83.5 da Lei 2/2016)

Así pois, o procedemento ambiental comprende as seguintes fases:

1. Solicitude de inicio

O concello promotor da modificación remitirá ao órgano ambiental a solicitude de inicio da avaliación ambiental estratéxica simplificada, un borrador da modificación co contido necesario para a súa análise urbanística e o documento ambiental estratéxico.

Do documento ambiental estratéxico e do borrador da modificación proposta deberá remitir cadanseu exemplar en formato electrónico con sinatura dixital (do/s autor/es) ou ben unha copia auténtica do orixinal (cos requisitos que establece o artigo 27 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas).

No soporte dixital incluiranse os arquivos en formato PDF con toda a documentación gráfica e escrita, así como a información cartográfica nun formato compatible cos sistemas de información xeográfica (SIX) segundo as instrucións técnicas publicadas na sección “Información cartográfica”.

O órgano ambiental comprobará que a documentación está completa; de non ser así, solicitará que se acheguen os documentos preceptivos.

2. Consultas previas

O órgano ambiental someterá a documentación recibida ás consultas do órgano competente en materia de urbanismo, das demais administracións públicas afectadas e das persoas interesadas, por un prazo de dous meses. Ao mesmo tempo, publicará a documentación na sede electrónica para que o público en xeral poida achegar observacións e suxestións.

3. Informe ambiental estratéxico (IAE)

O órgano ambiental formulará o informe ambiental estratéxico no prazo de dous meses tras o remate do período de consultas previas. No IAE determinará se a modificación do planeamento xeral ten ou non efectos significativos no medio:

  • No caso de prever efectos ambientais significativos, a modificación deberá someterse ao procedemento ordinario de avaliación ambiental estratéxica e o órgano ambiental elaborará o documento de alcance do estudo ambiental estratéxico.
  • De non prever efectos ambientais significativos, o procedemento ambiental remata e a modificación poderá aprobarse nos termos que o propio IAE estableza.

O informe ambiental estratéxico publicarase no Diario Oficial de Galicia e na sede electrónica do órgano ambiental.

Órgano ambiental

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático
Edificio administrativo de San Lázaro s/n
15781 Santiago de Compostela

Documento/s relacionados
  • Procedemento ambiental para tramitar modificacións de planeamento xeral Descargar
Contacto/s relacionados