CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Plan especial

Os plans especiais deben someterse a avaliación ambiental estratéxica simplificada, agás cando deban ser obxecto do procedemento ordinario.

Antes de iniciar a tramitación do plan especial, os servizos técnicos municipais e as empresas subministradoras e/ou distribuidoras deberán informar, no prazo máximo dun mes, sobre a suficiencia das infraestruturas e dos servizos existentes e previstos (punto 2 do artigo 185 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia).

A súa tramitación ambiental comprende as seguintes fases (artigo 75.3 da LSG e artigo 186.3 do RLSG):

1. Solicitude de inicio

O promotor remitirá ao Concello a solicitude de inicio da avaliación ambiental estratéxica simplificada acompañada dun borrador do plan e dun documento ambiental estratéxico

O borrador será un documento que conteña, cando menos, as liñas esenciais do planeamento e permita debater os seus criterios, obxectivos e solucións xerais.

O documento ambiental estratéxico terá, como mínimo, o contido que establece o artigo 29 da Lei 21/2013 de avaliación ambiental.

De ámbolos dous documentos remitirase cadanseu exemplar en formato electrónico con sinatura dixital (do/s autor/es) ou ben unha copia auténtica do orixinal (cos requisitos que establece o artigo 27 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas). 

A documentación electrónica incluirá os arquivos en formato PDF con toda a documentación gráfica e textual, así como a información cartográfica nun formato compatible cos sistemas de información xeográfica (SIX) conforme coas "Instrucións técnicas sobre a información xeográfica" publicadas na sección “Información cartográfica”.

O Concello remitirá ao órgano ambiental toda a documentación presentada polo promotor.

2. Consultas previas

O órgano ambiental consultará as administracións públicas afectadas e as persoas interesadas, por un prazo de dous meses a contar dende a recepción da documentación completa.

No caso de plans especiais non previstos no plan xeral ou de plans especiais de protección que conteñan a ordenación detallada do solo urbano consolidado, deberase consultar tamén ao órgano competente en materia de urbanismo.

3. Informe ambiental estratéxico (IAE)

O órgano ambiental formulará o informe ambiental estratéxico no prazo de dous meses tras o remate do período de consultas previas. No IAE determinará se o plan ten ou non efectos significativos no medio:

  • No caso de prever efectos ambientais significativos, o plan deberá someterse ao procedemento ordinario de avaliación ambiental estratéxica e o órgano ambiental elaborará o documento de alcance do estudo ambiental estratéxico.
  • De non prever efectos ambientais significativos, o procedemento ambiental remata e o plan poderá aprobarse nos termos que o propio IAE estableza.

O informe ambiental estratéxico publicarase no Diario Oficial de Galicia e na sede electrónica do órgano ambiental.

Órgano ambiental

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático
Edificio administrativo de San Lázaro s/n
15781 Santiago de Compostela

Promotor

Concellos, Administración autonómica, otros órganos competentes no ámbito urbanístico ou particulares lexitimados para a súa formulación.

 

Documento/s relacionados
  • Procedemento ambiental de plans especiais Descargar
  • Fluxograma do procedemento Descargar
Contacto/s relacionados