CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Procedemento simplificado

Lexislación de referencia:

- Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental

- Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia

 O procedemento simplificado de avaliación ambiental estratéxica comprende as seguintes fases:

1. Solicitude de inicio

O promotor presenta ante o órgano substantivo, xunto coa documentación esixida pola lexislación sectorial, unha solicitude de inicio da avaliación ambiental estratéxica simplificada acompañada do borrador do plan ou programa e dun documento ambiental estratéxico (DAE).

Unha vez que o órgano substantivo dea conformidade á documentación presentada, este remitirá ao órgano ambiental a solicitude de inicio, o borrador do plan e o documento ambiental estratéxico.

2. Consultas previas

O órgano ambiental consulta ás administracións afectadas e ao público interesado sobre as respercusións ambientais do plan.

2. Informe ambiental estratéxico (IAE)

O órgano ambiental elabora un informe ambiental estratéxico (IAE) no que determina se o plan debe someterse ou non a unha avaliación ambiental estratéxica ordinaria, tendo en conta o resultado das consultas realizadas e de conformidade cos criterios establecidos no anexo V da Lei 21/2013.

No caso de que o plan deba someterse a unha avaliación ambiental ordinaria, o órgano ambiental elabora o documento de alcance do estudo ambiental estratéxico e remítello, xunto co IAE, ao promotor para continuar co procedemento ordinario.

Se no IAE o órgano ambiental determina que o plan non ten efectos ambientais significativos, o procedemento ambiental remata; en todo caso o promotor debe considerar os condicionantes ambientais establecidos no IAE.

O informe ambiental estratéxico (IAE) publícase no Diario Oficial de Galicia e no porta web do órgano ambiental.

Prazos

Os distintos trámites do procedemento administrativo están suxeitos aos prazos establecidos na Lei 21/2013 e na Lei 9/2021.

Órgano ambiental

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático
Edificio administrativo de San Lázaro s/n
15781 Santiago de Compostela

Promotor

Calquera persoa física ou xurídica, pública ou privada, que pretende elaborar un plan ou programa dos contemplados no ámbito de aplicación da Lei 21/2013, con independencia da administración que no seu momento sexa a competente para a súa adopción ou aprobación.

Órgano substantivo

Órgano da administración pública que ostenta as competencias para adoptar ou aprobar un plan o programa.

Documento/s relacionados
  • Procedemento simplificado de avaliación ambiental estratéxica Descargar
  • Fluxograma Descargar
Contacto/s relacionados