A produción e presentación da documentación gráfica dos instrumentos de planeamento urbanístico deberase adecuar ao disposto nas "Normas técnicas de planeamento de Galicia", aprobadas por Orde do 2 de outubro de 2019 (DOG núm. 224, do 25 de novembro de 2019).
Entre otros aspectos, as ditas Normas técnicas regulan os criterios, formatos e contidos a ter en conta durante a elaboración dos diferentes documentos que compoñen os instrumentos de planeamento; harmonizan a estrutura e codificación dos documentos dixitais; establecen os aspectos técnicos requiridos para a elaboración da cartografía temática urbanística en soporte SIX e para o seu tratamento informático; e regulan a elaboración da base cartográfica que serva de soporte para o planeamento, cando a cartografía oficial do IET non estea suficientemente actualizada ou detallada para o ámbito afectado.
A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo habilitou na súa páxina web un espazo (https://cmatv.xunta.gal/documentos-apoio) no que se pon a disposición de todas as persoas interesadas diversos arquivos e modelos normalizados que facilitan e axilizan o proceso de formulación do planeamento.
A documentación cartográfica achegarase ao órgano ambiental en formato electrónico con sinatura dixital (do/s autor/es) ou ben copia auténtica do orixinal (cos requisitos que establece o artigo 27 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións públicas).