O procedemento de avaliación do impacto ambiental de proxectos é un instrumento necesario para a preservación dos recursos naturais e a defensa do ambiente, xa que introduce a variable ambiental na toma de decisións sobre os proxectos con importante incidencia no medio.
Integrase en procedementos de aprobación, autorización ou comunicación, con carácter de trámite interno do trámite substantivo.
O réxime xurídico aplicable á avaliación de impacto ambiental de proxectos está regulado na Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, modificada por:
Lei 9/2018, de 5 de decembro, (BOE nº294 6/12/2018)
Real Decreto Ley 36/2020, do 30 de decembro (BOE nº 341 31/12/2020)
Real Decreto Lei 23/2020, do 23 de xuño (BOE nº175 24/6/2020)
Ámbito de aplicación
Con carácter xeral, o procedemento de avaliación do impacto ambiental aplícase a proxectos incluídos no artigo 7 da Lei 21/2013, tanto públicos como privados, que consisten en realizar obras, instalacións ou calquera outra actividade con efectos ambientais significativos.
A Lei 21/2013 distingue dous procedementos de avaliación do impacto ambiental en función do tipo de proxectos de que se trate, que son os seguintes:
A. Deben ser obxecto dunha avaliación de impacto ambiental ordinaria:
Os seguintes proxectos segundo o artigo 7.1 da Lei 21/2013.
a) Os comprendidos no anexo I, así como os proxectos que, presentándose fraccionados, alcancen os limiares do anexo I mediante a acumulación das magnitudes ou dimensións de cada un dos proxectos considerados.
b) Os comprendidos no apartado 2, cando así o decida caso por caso o órgano ambiental, no informe de impacto ambiental de acordo cos criterios do anexo III.
c) Calquera modificación das características dun proxecto consignado no anexo I ou no anexo II, cando dita modificación cumpre, por si soa, os limiares establecidos no anexo I.
d) Os proxectos incluídos no apartado 2, cando así o solicite o promotor.
B. Deben ser obxecto dunha avaliación de impacto ambiental simplificada:
Os seguintes proxectos comprendidos segundo o artigo 7.2 da Lei 21/2013.
a) Os proxectos comprendidos no anexo II.
b) Os proxectos non incluídos nin no anexo I nin no anexo II que poidan afectar de forma apreciable, directa ou indirectamente, a Espazos Protexidos Red Natura 2000.
c) Calquera modificación das características dun proxecto do anexo I ou do anexo II, distinta das modificacións descritas no artigo 7.1.c) xa autorizados, executados ou en proceso de execución, que poida ter efectos adversos significativos sobre o medio ambiente. Entenderase que esta modificación pode ter efectos adversos significativos sobre o medio ambiente cando supoña:
1.º Un incremento significativo das emisións á atmosfera.
2.º Un incremento significativo dos vertidos a canles públicos ao litoral.
3.º Incremento significativo da xeración de residuos.
4.º Un incremento significativo na utilización de recursos naturais.
5.º Una afección a Espazos Protexidos Rede Natura 2000.
6.º Una afección significativa ao patrimonio cultural.
d) Os proxectos que, presentándose fraccionados, alcancen os limiares do anexo II mediante a acumulación das magnitudes ou dimensións de cada un dos proxectos considerados.
e) Os proxectos do anexo I que serven exclusiva ou principalmente para desenvolver ou ensaiar novos métodos ou produtos, sempre que a duración do proxecto non sexa superior a dous anos.
O promotor e o órgano substantivo, encadrarán o proxecto no suposto que corresponda do artigo 7 e no correspondente grupo e epígrafe do anexo I ou II.
En ambos supostos e segundo a nova redacción dada pola Lei 9/2018, de 5 de decembro, do artigo 9.1 da Lei 21/2013:
Non se realizará a avaliación de impacto ambiental regulada no título II dos proxectos incluídos no artígo 7 desta lei que se atopen parcial ou totalmente executados sen terse sometido previamente ao procedemento de avaliación de impacto ambiental, excepto en aqueles casos nos que (segundo a Disposición adicional 16ª introducidad pola citada Lei 9/2018, de 5 de decembro) como consecuencia de sentencia firme, deba levarse a cabo dita avaliación, ou se, segundo o artigo 35.4 da Lei 1/1995 de 2 de xaneiro de protección ambiental de Galicia, por resolución sancionadora firme se impoña a obriga de realizar a Avaliación de Impacto Ambiental.
Nota: Para determinar en que grupo se atopa o proxecto dunha explotación gandeira haberá que calcular a súa capacidade (número máximo de prazas) segundo o indicado na Guía para o cálculo da capacidade das instalacións de gandería intensiva.