CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Procedemento simplificado

O procedemento simplificado de avaliación do impacto ambiental de proxectos comprende as seguintes fases:

1. Solicitude de inicio. Dentro do procedemento substantivo de autorización do proxecto o promotor presenta ante o órgano substantivo, xunto coa documentación esixida pola lexislación sectorial, unha solicitude de inicio da avaliación ambiental simplicada, motivando a aplicación do procedemento, acompañada dun documento ambiental co contido que sinala o artigo 45 do texto consolidado da Lei 21/2013 (a solicitude non é, polo tanto, únicamente o formulario de presentación electrónica si non que haberá de motivarse debidamente e acompañarse da citada documentación).

 Unha vez feitas as comprobacións necesarias, o órgano substantivo remite ao órgano ambiental a solicitude de inicio e os documentos que a deben acompañar.

2. Inadmisión a trámite. O órgano ambiental pode resolver motivadamente a inadmisión da solicitude de inicio cando estima de modo inequívoco que o proxecto é manifestamente inviable por razóns ambientais ou que o documento ambiental non reúne condicións de calidade suficientes.

3. Consultas. O órgano ambiental realiza as consultas ás Administracións públicas afectadas e ás persoas interesadas sobre o documento ambiental do proxecto. 

Para acceder aos proxectos que se atopan nesta fase de consultas prema nesta ligazón

4. Informe de impacto ambiental. O órgano ambiental formula o informe de impacto ambiental no cal determina, segundo os criterios establecidos no anexo III da Lei 21/2013 (e as súas posteriores modificacións), se o proxecto debe someterse ou non ao procedemento ordinario de avaliación de impacto ambiental.

O anuncio do informe de impacto ambiental publícase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web desta Consellería.

Pode consultar aos informes de impacto ambiental emitidos nesta ligazón.

Prazos

Os distintos trámites do procedemento administrativo, a emisión de informes e o período de consultas, estarán suxeitos aos plazos nos que a documentación estea dispoñible para consultas, segundo o establecido no texto consolidado da Lei 21/2013.

Órgano ambiental

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Dirección Xeral de Avaliación Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático
Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental
Edificio administrativo de San Lázaro s/n
15771 Santiago de Compostela