CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Conceptos básicos

O son é unha sensación auditiva provocada polas vibracións e ondas acústicas de frecuencias comprendidas entre 16 e 20.000 Hz, provocando un movemento ondulatorio que se propaga nun medio elástico. Ao contrario das ondas electromagnéticas (ondas luminosas, ondas de radio, etc.) o son non se propaga no vacío. Cando as frecuencias de excitación do fenómeno acústico son inferiores a 16 Hz se fala de infrasonidos. Se estas frecuencias son superiores a 20.000 Hz fálase de ultrasonidos.

Por vibracións enténdese o movemento periódico dun punto ou dun corpo material ao redor da súa posición de equilibrio. A vibración dun obxecto fai vibrar o aire do seu redor, que se transmitirá na distancia ata chegar ao noso oído.

Cando o son se convirte nunha sensación sonora molesta ou, en caso extremo, incluso dolorosa, califícase como ruído.

grafico ruido

A escala de decibelios A mide a intensidade do son no rango das diferentes frecuencias audibles empregando un sistema de ponderación, xa que o oído humano ten unha sensibilidade diferente a cada frecuencia.

Ésta é unha escala logarítmica, de xeito que ao dobrar a presión sonora o índice aumenta aproximadamente en tres unidades. Así, un nivel de son de 90 dB(A) leva o dobre de enerxía que un de 87 dB(A). Do mesmo xeito, dúas fontes sonoras de 70 dB(A) producirán un nivel de son de 73 dB(A).

Definicións

Son: percepción sensorial a través do oído.

Ruído: todo aquel son que provoca unha sensación molesta.

Efecto nocivo: efectos negativos sobre a saúde humana.

Molestia: grao de insatisfacción que provoca o ruído á poboación, determinado mediante enquisas sobre o terreo.

Avaliación: calquera método que permita calcular, predicir, estimar ou medir o valor dun indicador de ruído ou o efecto ou efectos nocivos correspondentes.

Mapa de Ruído: presentación de datos sobre unha situación acústica existente ou prognosticada en función dun índice de ruído no que se reflicte calquera superación dos valores límites vixentes, número de persoas afectadas nunha zona ou número de vivendas expostas a determinados valores dun índice de ruído nunha zona específica.

Mapa estratéxico de ruído: mapa de ruído deseñado para poder avaliar globalmente a exposición ao ruído nunha zona determinada, debido a existencia de diversas fontes de ruído ou para poder realizar prediccións globais en dita zona.

Ruído ambiental: son exterior non desexado ou nocivo xerado polas actividades humanas, incluído o ruído emitido polos medios de transporte, polo tráfico rodado, ferroviario ou aéreo e polo emprazamento de actividades industriais como as descritas no Anexo I da Lei 16/2002 de prevención e control integradas da contaminación.

Índice de ruído: é un valor estimativo que indicará a presión sonora soportada nun punto ao longo dun período determinado, que ten relación cun efecto nocivo.

Segundo o RD 1513/2005:

Lden, índice de ruído día-tarde-noite, expresado en decibelios (dB). É o nivel sonoro medio a longo prazo, ponderado A, definido na norma ISO 1996-2:1987, determinado ao longo de todos os períodos dun ano e mediante a seguinte expresión:

fórmula ruido

onde:

  • Ld: índice de ruído diúrno, asociado á molestia durante o período ao que se corresponde e que se describe no Anexo I do RD 1513/2005. É o nivel sonoro medio a longo prazo, ponderado A, definido na norma ISO 1996-2:1987, determinado ao longo de todos os períodos día dun ano.
  • Le: índice de ruído vespertino, asociado á molestia durante o período ao que se corresponde e que se describe no Anexo I do RD 1513/2005. É o nivel sonoro medio a longo prazo, ponderado A, definido na norma ISO 1996-2:1987, determinado ao longo de todos os períodos tarde dun ano.
  • Ln: índice de ruído nocturno, asociado á molestia durante o período ao que se corresponde e que se describe no Anexo I do RD 1513/2005. É o nivel sonoro medio a longo prazo, ponderado A, definido na norma ISO 1996-2:1987, determinado ao longo de todos os períodos noite dun ano.

No territorio español ao día correspóndenlle 12 horas, 4 á tarde e 8 á noite, podendo reducir a Administración o período tarde nunha ou dúas horas, alargando en consecuencia o día ou a noite, reflectindo dito cambio na expresión que determina o Lden.

Os valores horarios de comezo e fin de cada período serán:

  • Día : 7:00 / 19:00
  • Tarde : 19:00 / 23:00
  • Noite : 23:00 / 7:00

Valor límite: un valor de  Ld, Le e Ln, e optativamente Lden, que de superarse obriga ás autoridades competentes a aplicar medidas de prevención, control e atenuación. Os valores límites poden variar en función da fonte emisora do ruído, do entorno ou da distinta vulnerabilidade ao ruído dos grupos de poboación, e poden ser distintos dunha situación existente a unha nova situación.

Relación dose-efecto: relación entre o valor dun indicador de ruído e un efecto nocivo.

Grande aglomeración: porción dun territorio, determinado polo Estado membro, con máis de 100.000 habitantes e cunha densidade de poboación tal que o Estado membro a considere zona urbanizada.

Zona tranquila nunha aglomeración: espazo delimitado pola autoridade competente que, por exemplo, non está exposto a un valor de Lden, ou doutro indicador de ruído apropiado, superior a un  valor que deberá determinar o Estado membro, con respecto a calquera fonte emisora de ruído.

Grande eixe viario: calquera estrada rexional, nacional ou internacional, especificada polo estado membro, cun tráfico superior a tres millóns de vehículos por ano.

Grande eixe ferroviario: calquera vía férrea, especificada polo Estado membro, cun tráfico superior a 30.000 trens por ano.

Grande aeroporto: calquera aeroporto civil, especificado polo Estado membro con máis de 50.000 movementos (despegues e  aterraxes, excluindo os de aeronaves lixeiras de formación) por ano.

Planificación acústica: control do ruído futuro mediante medidas planificadas, como a ordenación territorial, a enxeñería de sistemas de xestión do tráfico, a ordenación da circulación, a redución do ruído con medidas de illamento acústico e a loita contra o ruído na súa orixe.

Plans de Acción: plans encamiñados a afrontar a prevención, control e atenuación do ruído e os seus efectos.