En función do son que se estea producindo e o nivel acadado estaremos falando de ruído ou non. Se ben ese é un límite subxectivo, non así as consecuencias que pode supoñer.
Como se pode ver na seguinte figura, en función do nivel de ruído haberá uns impactos na saúde que poden chegar a ser irreversibles: desde efectos subxectivos como molestias (máis de 50 dB), ata fisiolóxicos como o deterioro na audición (máis de 100 dB), pasando por efectos psicolóxicos como as interferencias na comunicación, descanso ou sono.

Boas prácticas
- Na casa:
- Controlar o volume dos electrodomésticos máis ruidosos.
- Desenvolver as actividades máis molestas e situar os elementos máis ruidosos como televisións, radios, lavadoras etc. alonxados dos lugares de descanso e en horario diurno.
- Introducir distintos sistemas de mellora do illamento acústico como a dobre ventá.
- Ser o máis respectuoso coa veciñanza no desenvolvemento de festas.
- Na rúa:
- Evitar exposicións continuadas a ruído con niveles superiores a 90 dB, pois pode supoñer dende perda de audición e alteracións nerviosas ata traumas acústicos ou alteracións hormonais.
- Non gritar nin falar alto, sobre todo á saída dos lugares de ocio, así como na noite. Respectando o descanso dos veciños.
- Educar aos animais domésticos para que non fagan ruído.
- As obras evitaran as horas de descanso e o ruído.
- No traballo:
- Manter conversas en niveis baixos para non molestar.
- Levar tapóns para aquelas actividades que, aínda non sendo obrigatorio, o recomenden, por alcanzarse niveis próximos aos limiares.
- Nas estradas e polígonos:
- Conducir en marchas longas e sen aceleróns.
- Evitar a utilización da bucina
- Manter en bo estado o vehículo, revisando o tubo de escape.
- Insonorizar distintas zonas do territorio con alta potencialidade de xeración de ruído mediante elementos de apantallamento acústico tales como barreiras.
- Tentar evitar o uso de motocicletas ruidosas.
- Mellorar o pavimento.