CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Equipos de medida

  • Sonómetro
  • Calibrador acústico

Sonómetro:

Instrumento de medida composto por:

  • Micrófono
  • Amplificador
  • Indicador de medida dos niveis sonoros.

Os sonómetros denomínanse sonómetros integradores, que ademais de medir niveis de presión sonora, operan con valores nun período de tempo determinado e obteñen o valor de presión sonora equivalente (valor que no mesmo período de tempo xeraría unha enerxía equivalente á dos diferentes valores instantáneos medidos).

En función do grado de erro admisible na medida, os sonómetros poden ser de Tipo 1 ou de Tipo 2. Os de Tipo 1 son utilizados en enxeñería e inspeccións, ao ser os únicos con plena validez legal, e actualmente tamén se establece a súa utilización para observación ambiental. Os de Tipo 2 que eran utilizados para medidas de observación ambiental, están en desuso salvo para casos puntuais.

Os sonómetros poden constar de analizadores de espectros, para medir niveis de presión sonora discriminando as ondas de diferentes frecuencias (bandas de espectro) que forman a onda sonora; e soen ser de tipo secuencial, para sinais estables no tempo, que mide niveis globais de ruído, en bandas de oitavas ou terzos de oitavas, realizando varridos en frecuencia, e analizando o sinal banda a banda.

Os sonómetros preparados para intemperie, e que teñen un sistema de comunicación que permite avaliar datos en tempo real son denominadas estacións de monitorizado.

Calibrador acústico:

Instrumento empregado no equipo de medida antes e despois de realizar as medicións para comprobar que os valores que se deriven axústanse ás marxes legais. Clasifícanse tamén en tipos como os sonómetros e empregarase un da mesma precisión ou maior que o equipo de medida a calibrar.