CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Mapas de Ruído

Un Mapa de Ruído, denominado mapa estratéxico de ruído ven definido pola Directiva 2002/49/CE coma un mapa deseñado para avaliar globalmente a exposición ao ruído nunha zona determinada, debido á existencia de distintas fontes de ruído, ou para realizar predicións globais para dita zona. Inclúen os niveis sonoros e a poboación exposta.

Os mapas estratéxicos de ruído poden ser de catro tipos e a súa elaboración recae na administración competente segundo os casos:

  • Aglomeracións (concellos).
  • Grandes eixos viarios (Estado, Comunidade Autónoma ou concellos).
  • Grandes eixos ferroviarios (Estado).
  • Grandes aeroportos (Estado).

Cada administración competente elabora e aproba os seus mapas cada 5 anos e os remite ao Ministerio para a Transición Ecolóxicoa e o Reto Demográfico. No caso de Galicia se enviarán previamente á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Os índices de ruído tratados nos mapas, son: Lden, Ld, Le e Ln definidos anteriormente.

Mapas de Ruído

Mapas Estratéxicos de Ruído de Aglomeracións.

A partires da segunda fase de elaboración dos mapas estratéxicos de ruído inclúense os concellos cunha poboación superior aos 100000 habitantes e unha densidade de poboación determinada regulamentariamente, e actualizan os feitos na primeira fase correspondentes a aqueles concellos con máis de 250000 habitantes.

A continuación móstranse os mapas de ruído feitos polos concellos de Galicia:

1ª Fase (2007):

 2ª Fase (2012):

  3ª Fase (2017):

  4ª Fase (2022)

 

Mapas Estratéxicos de Ruído de Eixos Viarios.

A partires da segunda fase de elaboración dos mapas estratéxicos de ruído inclúense as estradas (ou tramos) con tráfico superior a 3 millóns de vehículos ao ano, e se actualizan os feitos na primeira fase correspondentes a aqueles tramos con aforo de máis de 6 millóns de vehículos ao ano. A súa consulta será mediante a solicitude de información.

Estradas de Galicia

1ª Fase (2007)

2ª Fase (2012)

3ª Fase (2017)

4ª Fase (2022)

 

Outros Mapas de Ruído.

Os Mapas de Ruído non estratéxicos serán realizados en caso de incumprimento dos obxectivos de calidade acústica en certas zonas do territorio municipal ou para información ambiental.