CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Informes de Inspeccións Ambientais a Instalacións IPPC

O artigo 23 da Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello do 24 de novembro de 2010 sobre as emisións industriais (prevención e control integrados da contaminación) regula as inspeccións ambientais ás instalacións afectadas polo Anexo I.

 

A Lei 5/2013 do 11 de xuño pola que se modifica a Lei 16/2002 do 1 de xullo de prevención e control integrados da contaminación (transposición da Directiva de emisións industriais) define a “Inspección ambiental” como “toda acción levada a cabo pola autoridade competente ou en nome desta para comprobar, fomentar e asegurar a adecuación das instalacións ás condicións das autorizacións ambientais integradas e controlar, en caso necesario, a súa repercusión ambiental. (…) O fin da inspección é garantir o cumprimento da normativa ambiental das actividades ou instalacións baixo o ámbito de aplicación desta norma.”

 

O Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, indica no seu artigo 24.5 que5.  Los órganos competentes publicarán el informe de la actuación realizada en un plazo máximo de cuatro meses, sin más limitaciones que las establecidas en la Ley 27/2006, de 18 de julio, por la que se regulan los derechos de acceso a la información, de participación pública y de acceso a la justicia en materia de medio ambiente".

Da análise dos feitos constatados na actuación da inspección ambiental, a conclusión sobre o grao de cumprimento da autorización ambiental integrada é:

  • TOTAL: Non se atoparon desviacións da AAI en ningún dos vectores ambientais.

  • ALTO: Atopáronse desviacións pouco relevantes (ate un máximo de 6)

  • MEDIO: Atopáronse desviacións pouco relevantes (de 7 a 12) e/ou desviacións relevantes (de 1 a 6), e/ou moi relevantes (ata un máximo de 2)

  • BAIXO: Mais de 12 desviacións pouco relevantes e/ou mais de 6 desviacións relevantes (ate un máximo de 6), e/ou mais de 2 desviacións moi relevantes.