CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Programas de Inspección Ambiental de Galicia

Os Plans de inspección ambiental desenvólvense anualmente por medio de Programas de Inspección Ambiental nos que se recollen as inspeccións ambientais prefixadas para a anualidade en curso.

O Programa de inspección ambiental defínese como o “documento executivo que recolle toda a información precisa para realizar as inspeccións ambientais que nel se inclúen e priorizar a súa realización así como a previsión de recursos necesarios para a súa execución”.

O Programa de inspección ambiental de Galicia é o instrumento principal á hora de desenvolver as inspeccións e o control ambiental que debe realizar a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, baseándose no establecido no Plan de inspección ambiental en cada momento vixente.

O Programa de Inspección Ambiental de Galicia para o ano 2023 aprobouse por Resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático pola que se aproba o Programa de Inspección Ambiental de Galicia para o ano 2023 .

 

 

Documento/s relacionados
  • Resolucion Programa Inspeccion 2023 Descargar
  • Programa de Inspección Ambiental de Galicia 2023 Descargar