CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Proxectos

Na actualidade a inspección ambiental de Galicia participa en tres proxectos IMPEL:


-Proxecto “Implementación da Directiva de Emisións Industriais (DEI)” que ten como obxectivo estudar e comparar como foi evolucionando a implementación e aplicación da citada Directiva nos distintos países da Unión Europea.
Este proxecto dispón de tres liñas de traballo:
1ª: Niveis de incumprimento das autorizacións ambientais integradas e consecuencias do incumprimento.
2ª: Publicación dos informes resultado das inspeccións de verificación do cumprimento das autorizacións ambientais integradas.
3ª: Peche e quebra de instalacións IPPC/IED, disposicións contidas na lexislación e condicións nas autorizacións ambientais integradas; estudo de casos prácticos.


-Proxecto “Conservación da natureza na autorización e a inspección de instalacións industriais. Implementación do artigo 6.3 da Directiva Hábitat. 2015”.
Este proxecto é o seguimento dun proxecto que se iniciou no ano 2013 e que tivo a súa continuidade no ano 2014.


-Proxecto “Base de datos de criterios de risco e extensión do uso das ferramentas de análise de riscos para a programación e priorización das inspeccións medioambientais”.
O obxectivo deste proxecto é fomentar o uso da ferramenta de análise de riscos en todos os sectores das inspeccións ambientais, como instrumento para optimizar o uso dos recursos das autoridades de inspección.

 

 

Documento/s relacionados