CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Plan de Inspección Ambiental de Galicia

A Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello, do 24 de novembro de 2010, sobre as emisións industriais (prevención e control integrados da contaminación) obriga aos Estados membros a establecer un sistema de inspección ambiental que asegure que todas as instalacións sometidas á autorización ambiental integrada estén cubertas por un plan de inspección ambiental a escala nacional, rexional ou local.
O Plan de inspección ambiental defínese no artigo 2.23 do Real Decreto 815/2003 como o “conxunto de obxectivos e actuacións definidas polas autoridades de inspección, ao longo dun determinado periodo de tempo, co fin de garantir o cumprimento das condicións ambientais establecidas pola lexislación ambiental aplicable”.
O Plan de inspección ambiental é un documento marco de carácter plurianual que ofrece as orientacións estratéxicas en relación coa inspección ambiental a realizar por parte dunha Administración pública.
Na actualidade está vixente o Plan de Inspección Ambiental de Galicia 2019-2024, aprobado pola Resolución da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático polo que se aproba o Plan de Inspección Ambiental de Galicia 2019-2024.

 

 

Documento/s relacionados
  • Plan de Inspección Ambiental de Galicia 2019-2024 Descargar
  • Resolución aprobación Plan de Inspección 2019_2024 Descargar