CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Preguntas máis frecuentes

Ofrecemos a continuación unha relación das preguntas máis frecuentes en relación ao desenvolvemento do Real Decreto 9/2005.

  • Unha empresa que non pareza ser potencialmente contaminante do solo mais que está recollida na relación do Anexo I do Real Decreto 9/2005 (CNAE93-Rev1): Debe presentar o informe preliminar de situación?.
    • Resposta: Todas as actividades con CNAEs recollidas no anexo I do R.D. 9/2005 deberán presentar o informe preliminar de situación.
  • No caso daquelas empresas que teñan varios emprazamentos: Cantos informes preliminares de situación deben presentar?.
    • Resposta: Deberán presentar un informe preliminar por cada un dos emprazamentos, cando estes estean fisicamente separados. Por exemplo, unha gasolineira que dispón de dous establecementos, a ambas marxes dunha estrada, deberá presentar dous informes preliminares de situación.
  • Unha empresa que actualmente desenvolve unha actividade que non estea recollida no anexo I do R.D. 9/2005, mais que sabe que nesa parcela se desenvolveu con anterioridade unha actividade potencialmente contaminante do solo: Ten obriga de presentar o informe preliminar de situación? 
    • Resposta: Si. As actividades que non se encontren en ningún dos supostos que obriga á presentación do informe preliminar de situación, mais que teñan constancia de que no seu emprazamento actual, durante períodos anteriores, se ten desenvolvido algunha actividade potencialmente contaminante do solo, estarán obrigados a presentar un informe de situación, facendo especial fincapé nas actividades históricas.
  • No caso de que a parcela estea contaminada: Quen ten a obriga de levar a cabo as tarefas de recuperación?
    • Resposta: Estarán obrigados a realizar labores de descontaminación dos solos contaminados os causantes da contaminación, que cando sexan varios responderán a estas obrigas de forma solidaria e, subsidiariamente, por esta orde, os posuidores dos solos contaminados e os propietarios non posuidores.
  • Teñen todas as empresas que desenvolvan unha actividade potencialmente contaminante do solo a obriga de levar a cabo análises de augas e/ou solos?
    • Resposta: Non. No artigo 3, apartado 3 do R. D. 9/2005 indica: examinado o informe de situación, a comunidade autónoma correspondente poderá recadar do titular da actividade ou do propietario do solo informes complementarios máis detallados, datos ou análises que permitan avaliar o grao de contaminación do solo, que en todo caso deberá realizarse de acordo cos criterios e estándares que se establecen neste real decreto. Polo tanto, unha vez examinado o informe preliminar de situación a Administración avaliará se é necesario facer caracterizacións físico-químicas en augas e/ou solos, co fin de determinar se existe algún tipo de contaminación e o seu grao de afección.
  • Pode a empresa elaborar por si mesma o informe preliminar de situación ou necesitará contratar unha empresa externa?
    • Resposta: Pode a empresa cumprimentar o informe preliminar de situación ela mesma ou, se o considera necesario, pode contratar os servizos dunha empresa externa.