CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

PLAN PROXECTA

O LMAG participa no "Plan Proxecta", unha iniciativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración con diferentes organismos dirixida a fomentar a innovación educativa nos centros a través de programas que desenvolvan de xeito paralelo as competencias básicas e a educación en valores.

Trátase dun plan que busca un avance nas dinámicas de mellora da calidade educativa favorecendo a innovación nos propios centros a través de programas externos que leven á motivación e ao traballo activo e cooperativo do alumnado e do profesorado implicado. Para iso, o obxectivo central deste plan é construír modelos de mellora mediante proxectos interdisciplinares integrados na programación xeral anual e nas programacións do profesorado participante que teñan un alto potencial de transferibilidade tanto no propio centro no que se orixinan como no resto da comunidade educativa galega mediante a súa difusión desde os canles dixitais da Consellería.  

O LMAG participa neste plan co programa educativo "Protexe o teu medio". O programa pretende formar unha comunidade global de profesores, alumnos e científicos traballando na tarefa común de coñecer mellor a calidade do aire e das augas.

Pretendese mellorar o currículo do alumno en temas medio ambientais e das ciencias da Terra, e promover a investigación na escola. O alumnado poderá adquirirá competencias en investigación medio ambiental mediante a observación directa do estado das augas continentais e costeiras e da auga de chuvia como indicador da contaminación do aire ambiente.

Estas actividades poden dar pé ao desenvolvemento das competencias básicas por parte dun equipo interdisciplinar que pode incluír a profesorado de ciencias da natureza, física, matemáticas e ciencias sociais, entre outros. A difusión das actividades realizadas ao abeiro do Programa permitirá trasladar as inquietudes e coñecementos da calidade das augas e do aire ao entorno do centro escolar.

Ligazon/s relacionadas