CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Garantías Financieiras Obrigatorias

Obrigados a constituílas

 

Unicamente están obrigados a constituir a garantía financeira e, polo tanto, a efectuar a comunicación á autoridade competente, os operadores das actividades económicas ou profesionais do anexo III da LRM que, á súa vez, se recollen no artigo 37.2 letra a) do Real Decreto 2090/2008 (na súa redación dada polo Real Decreto 183/2015) e, que son as seguintes:

 

-As actividades e instalacións suxeitas ao ámbito de aplicación do Real Decreto 840/2015, do 21 de setembro, polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan substancias perigosas e a referencia á Lei 16/2002 pola do Real Decreto Lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación;

 

-As actividades e instalacións suxeitas ao ámbito de aplicación do Real Decreto Lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación;

 

-Os operadores que conten con instalacións de residuos mineiros clasificadas como de categoría A consonte ao establecido no Real Decreto 975/2009, de 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras

 

Exencións

 

Ademais, os operadores destas actividades económicas ou profesionais recollidas no anexo III da LRM e, á súa vez, recollidas no artigo 37.2 letra a) do Real Decreto 2090/2008 (na súa redación dada polo Real Decreto 183/2015), quedarán exentos da obriga de constituír unha garantía financeira e de efectuar a comunicación correspondente á autoridade competente, cando se atopen nalgún dos seguintes supostos:

 

-Aquelas actividades con danos potenciais sobre o medio ambiente, cuxa reparación sexa inferior a 300.000 euros;

 

-Aquelas actividades con danos potenciais sobre o medio ambiente cuxa reparación se estime entre 300.000 euros a 2.000.000 euros, sempre e cando conten cun certificado de sistema de xestión ambiental, ben conforme ao Regulamento EMAS ou ben conforme á Norma UNE EN ISO 14001;

 

-A utilización de produtos fitosanitarios e biocidas con fins agropecuarios e forestais

 

Modalidades

 

Existen tres modalidades de garantía financeira que o operador das actividades económicas ou profesionais incluídas no Anexo III LRM pode constituír alternativa ou complementariamente entre sí, e que son as seguintes:

 

-Póliza de seguro: Ten que estar subscrita cunha entidade aseguradora autorizada para operar en España

 

-Aval: Concedido por algunha entidade financeira autorizada para operar en España

 

-Reserva técnica: Constituída mediante unha dotación dun fondo ad hoc con materialización en inversións financeiras respaldadas polo sector público

 

Alcance

 

Esta garantía financeira obrigatoria debe cubrilos custes derivados das obrigas do operador en materia de prevención, evitación e reparación.

Os suxeitos que deben quedar cubertos pola garantía financeira obrigatoria serán en todo caso os operadores.

Facultativamente a garantía financeira obrigatoria pode cubrir tamén ós subcontratistas e ós profesionais que colaboren cos operadores na realización da actividade garantizada.

Debe manterse en vigor durante todo o tempo que a actividade continúe funcionando.

 

Data de esixibilidade

 

Con data 30 de outubro de 2017 publicouse no Boletín Oficial do Estado a Orden APM/1040/2017, de 23 de outubro, pola que se establece a data a partir da cal será esixible a constitución da garantía financieira obrigatoria para as actividades do Anexo III da Lei 26/2007, de 23 de outubro, de Responsabilidade Medioambiental clasificadas como nivel de prioridade 1, e como nivel de prioridade 2, mediante a Orden ARM/1783/2011, de 22 de xuño e pola que se modifica o seu anexo.

A garantía financeira obrigatoria debe manterse en vigor durante todo o tempo que a actividade continúe funcionando.


Análise de riscos

 

A contía da garantía financeira obrigatoria determínase en función da análise de riscos medioambientais da actividade económica ou profesional.

En consecuencia, unicamente están obrigados á realización dunha análise de riscos medioambientais, os operadores das actividades económicas ou profesionais recollidas no anexo III da LRM e que, á súa vez, estén recollidas no artigo 37.2 letra a) do Real Decreto 2090/2008 (na súa redación dada polo Real Decreto 183/2015).

Esta análise de riscos poderá realizarse polo propio operador ou ben por un terceiro contratado por este e debe realizarse conforme á norma UNE 150.008 ou outras normas equivalentes e conforme aos criterios recollidos no Real Decreto 2090/2008.

As análises de riscos medioambientais non resultan esixibles ata a data a partir da cal sexa esixible a constitución da garantía financeira obrigatoria.

Existen distintos instrumentos de carácter voluntario (modelos de informe de riscos medioambientais tipo – MIRAT -, guías metodolóxicas, táboas de baremos) que permiten aos operadores obrigados a realizar unha análise de riscos medioambientais, a súa realización a nivel sectorial.

 

Índice de dano medioambiental

 

É un índice que ten por obxecto estimar o dano asociado a cada escenario accidental, e baséase nunha serie de estimadores da cantidade de recurso danado e dos custos de reparación dos recursos naturais cubertos pola lei, ofrecendo un resultado semicuantitativo, pero que permite ordenar por orde de magnitude os escenarios accidentais en función dos potenciais danos medioambientais que poden xerar.

O Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente desenvolveu unha aplicación informática para estimar o IDM asociado a cada escenario accidental, dispoñible no seguinte enlace:

 

https://servicio.mapama.gob.es/mora/idm/editarSeleccionIdmAgentes.action

 

Para facilitar a utilización desta aplicación informática facilítase un enlace á guía de usuario:

 

http://www.mapama.gob.es/es/calidad-y-evaluacion-ambiental/temas/responsabilidad-mediambiental/guiausuarioidm_v12_tcm7-365287.pdf