CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Réxime sancionador

Infraccións moi graves:

  • Non adoptalas medidas preventivas ou de evitación esixidas pola autoridade competente, cando teña como resultado o dano que se pretendía evitar
  • Non axustarse ás instruccións recibidas da autoridade competente ó poñer en práctica as medidas de prevención e evitación, cando teña como resultado o dano que se pretendía evitar
  • Non adoptalas medidas reparadoras esixibles ó operador, cando teña como resultado un detrimento da eficacia reparadora de tales medidas
  • Non axustarse ás instruccións recibidas da autoridade competente, ó poñer en práctica as medidas reparadoras a que estea obrigado o operador, cando teña como resultado un detrimento da eficacia reparadora de tales medidas
  • Non informar á autoridade competente da existencia dun dano medioambiental ou dunha ameaza inminente de dano producido ou que poida producilo operador e dos que tivera coñecemento, ou facelo con inxustificada demora, cando tivera como consecuencia que os seus efectos se agravaran ou chegaran a producirse efectivamente
  • O incumprimento da obrigación de concertar nos términos previstos na lei, as garantías financeiras obrigatorias a que estea obrigado o operador, así como o feito de que non se manteñan en vigor o tempo que subsista dita obriga

Infraccións graves:

  • Non adoptalas medidas preventivas ou de evitación esixidas pola autoridade competente ó operador, cando non sexa constitutiva de infracción moi grave
  • Non axustarse ás instruccións recibidas da autoridade competente ó poñer en práctica as medidas preventivas ou as de evitación a que estea obrigado o operador, cando non sexa constitutiva de infracción moi grave
  • Non adoptalas medidas reparadoras esixidas ó operador pola autoridade competente, cando non sexa constitutiva de infracción moi grave
  • Non axustarse ás instruccións recibidas da autoridade competente á hora de poñer en práctica as medidas reparadoras a que estea obrigado o operador, cando non sexa constitutiva de infracción moi grave
  • Non informar á autoridade competente da existencia dun dano medioambiental ou dunha ameaza inminente de dano producido ou que poida producilo operador e dos que tivera coñecemento, ou facelo con inxustificada demora, cando non sexa constitutiva de infracción moi grave
  • Non facilitala información requirida pola autoridade competente ó operador, ou facelo con retraso
  • Non prestar o operador afectado a asistencia que lle fora requirida pola autoridade competente para a execución das medidas reparadoras, preventivas ou de evitación
  • A omisión, a resistencia ou a obstrucción daquelas actuacións que foran de obrigado cumprimento dacordo co previsto na LRM

Sancións:

  • A sanción correspondente ás infraccións moi graves será: Multa de 50.001 ata 2 millóns de euros, e/ou Extinción ou suspensión da autorización por un período mínimo dun ano e máximo de 2 anos
  • A sanción correspondente ás infraccións graves será: Multa de 10.001 ata 50.000 euros, e/ou Suspensión da autorización por un período máximo dun ano