CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Supostos de inesixibilidade de custes

Supostos nos que non será esixible a obriga de sufragalos custes das medidas de prevención, evitación e reparación

O operador dunha actividade económica ou profesional non estará obrigado a sufragalos custes das medidas de prevención, evitación e reparación, cando demostre que os danos medioambientais ou a ameaza inminente de tales danos se produxeron exclusivamente por calquera das seguintes causas:

  • a) A actuación dun terceiro alleo ó ambito da organización da actividade de que se trate e independente dela, a pesar de existir medidas de seguridade axeitadas

  • b) O cumprimento dunha orde ou instrucción obrigatoria dictada por unha autoridade pública competente, incluíndo as ordes dadas en execución dun contrato a que se refire a lexislación de contratos das Administracións Públicas

Supostos nos que non será esixible a obriga de sufragalos custes das medidas de reparación, pero nos que polo tanto sí será esixible a obriga de sufragalos custes das medidas de prevención e evitación

O operador deberá demostrar que non incurriu en dolo, culpa ou neglixencia, e que concorre algunha das seguintes circunstancias:

  • a) Que a emisión ou o feito que sexa causa directa do dano medioambiental constitúa o obxecto expreso e específico dunha autorización administrativa outorgada de conformidade coa normativa aplicable ás actividades enumeradas no Anexo III LRM. Ademáis será necesario que o operador se axustara estrictamente no desenvolvemento da súa actividade ás determinacións ou condicións establecidas ó efecto na referida autorización, e tamén á normativa que lle sexa aplicable no momento de producirse a emisión ou o feito causante do dano medioambiental

  • b) Que o operador probe que o dano medioambiental foi causado por unha actividade, unha emisión, ou a utilización dun producto que, no momento de realizarse ou empregarse, non eran considerados como potencialmente perxudiciais para o medio ambiente, atendendo ó estado dos coñecementos científicos e técnicos existentes naquel momento