CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Tipos de responsabilidade medioambiental

Responsabilidade medioambiental das actividades económicas ou profesionais incluidas no Anexo III LRM

  • Responsabilidade obxectiva: Deberán adoptalas medidas de prevención, evitación e reparación independentemente de que actuaran ou non con dolo, culpa ou neglixencia
  • Responsabilidade ilimitada: Deberán adoptalas medidas de prevención, evitación e reparación independentemente do custe das mesmas
  • Presunción de dano: Se presumirá que son causantes do dano medioambiental ou da ameaza inminente de dano, cando atendendo á súa natureza intrínseca ou á forma en que se desenvolvera, sexa axeitada para causalo. Polo tanto, deberá ser o operador da actividade económica ou profesional o que demostre que non causou o dano medioambiental ou a ameaza inminente de dano medioambiental

Responsabilidade medioambiental das actividades económicas ou profesionais non incluidas no Anexo III LRM

  • Responsabilidade obxectiva: Deberán adoptar las medidas de prevención y evitación independientemente de que actuaran o no con dolo, culpa o negligencia.
  • Responsabilidade por culpa: Deberán tamén adoptalas medidas de reparación cando actuaran con dolo, culpa ou neglixencia, ou cando non adoptaran as medidas de prevención e evitación
  • Responsabilidade ilimitada: Deberán adoptalas medidas de prevención, evitación e reparación, nos casos en que proceda, independentemente do custe das mesmas