CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

O EMAS: Información e tramitación de solicitudes

EMAS é o Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Medioambientais, regulado polo Regulamento (CE) nº 1221/2009, que se atopa á disposición das organizacións que, de forma voluntaria, desexen avaliar e mellorar o seu rendemento medioambiental. Calquera organización, ou alomenos aqueles centros de traballo con unha maior incidencia ambiental, do sector público ou privado pode rexistrarse neste sistema. Un dos obxetivos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras é o fomento da adhesión a EMAS das pequenas e medianas empresas. A adhesión a EMAS dun centro reporta interesantes beneficios como son:

  • Xestión medioambiental de calidade.
  • Maior credibilidade.
  • Incentivación do persoal e mellora da dinámica de equipo.
  • Maior concienciación do persoal.
  • Mellora da imaxen da empresa.
  • Reducción dos custos e do número de normas.
  • Novas oportunidades comerciais.
  • Maior confianza dos clientes.
  • Mellora das relacións cos clientes, a comunidade local e os reguladores.

O órgano competente para a adhesión de centros productivos de calquera sector ó Sistema Comunitario de Xestión e Auditoría Medioambientais é a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático. O formulario de solicitude/renovación pode descargalo do enlace ao documento que aparece máis abaixo, ou dende a sede electrónica da Xunta de Galicia mediante o procedemento: MT970A.

INFORMACIÓN IMPORTANTE DURANTE A EMERXENCIA SANITARIA POLO COVID-19:

 

Debido á situación extraordinaria provocada polo COVD-19 e segundo o previsto no apartado sétimo, do acordo publicado por Resolución do 15 de marzo de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza (DOG Núm. 51), o cómputo de prazos para a presentación da nova Declaración Ambiental, comezará no momento que perda vixencia dito acordo ou, no seu caso, as prórrogas deste.

 

Ademais, segundo circular emitida pola Dirección Xeral de Medioambiente da Comisión Europea, para facilitar aínda máis os prexuízos orixinados pola actual situación:

Tódalas verificacións e visitas in situ que se cancelaron debido as medidas de contención deben re-programarse nunha data posterior. A nova data debe establecerse dentro dun prazo razoable despois de que as medidas de contención sexan suspendidas ou modificadas de tal maneira que as actividades de verificación poidan levarse a cabo. A nova data debe comunicarse debidamente ao Órgano Competente pertinente e ao Organismo de Acreditación ou Licencia.

Se se pospón unha verificación polo motivo anterior, a data de validez do EMAS no rexistro dunha organización esténdese. A nova data de validez establecese 3 meses despois da nova data de validación".(pode consultar a circular orixinal no apartado "Documentos")

 

 

Documento/s relacionados
  • Carta Comité EMAS da Comisión Europea sobre o COVID-19 Descargar
  • Anexo I de solicitude/renovación no rexistro EMAS Descargar
Contacto/s relacionados