CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Plan Básico Autonómico

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 26 de xullo de 2018, acordou aprobar definitivamente o Plan Básico Autonómico (PBA) de Galicia, ao abeiro do disposto nos artigos 49 e 50 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e 90 e seguintes do seu Regulamento, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro.

O Decreto 83/2018, do 26 de xullo, polo que se aproba o Plan Básico Autonómico de Galicia, foi publicado no DOG núm. 162, do 27.08.2018, así como nos catro boletíns oficiais provinciais, en data 28.09.2018 (BOP A Coruña, núm. 186; BOP Lugo, núm. 224; BOP Ourense, núm. 224 e BOP Pontevedra, núm. 188).

Este instrumento de planeamento urbanístico ven a complementar o novo marco urbanístico co que o goberno da Xunta pretende impulsar unha ordenación responsable e sostible do territorio, co propósito de garantir un territorio ordenado.

O PBA é unha ferramenta dinámica que resulta indispensable para plasmar sobre o territorio a complexa realidade da normativa sectorial e dos instrumentos de ordenación do territorio, así como a identificación dos asentamentos de poboación existentes: permite dispoñer de toda a información relevante dende o punto de vista territorial, actualizada e de acceso universal, en todo o ámbito da nosa Comunidade Autónoma.

Asemade, constitúe o paso intermedio imprescindible para a elaboración dos plans básicos municipais para os concellos de menos de 5 000 habitantes que non contan cun instrumento de planeamento urbanístico xeral, dando así cumprida resposta á necesidade de dotar dunha ordenación básica á totalidade dos concellos de Galicia, co fin de que adquiran plena seguridade xurídica nas accións sobre o territorio.

No que atinxe ao alcance das súas determinacións, o PBA será de aplicación nos concellos que carezan de planeamento xeral e terá carácter complementario do planeamento municipal naqueles concellos que dispoñan del, para suplir as posibles indeterminacións e lagoas do planeamento municipal vixente. Ademais servirá como referencia para a elaboración dos plans xerais de ordenación municipal, cando se considere oportuno.

Finalmente, establece as disposicións xerais sobre os diferentes usos do solo e da edificación que resultan de aplicación común ás súas ordenanzas tipo particulares, que serán incorporadas nos plans básicos municipais en función das características propias de cada concello e das clases e categorías do solo. Asemade, estas ordenanzas tamén poderán ser utilizadas de xeito orientativo, como base ou referencia na elaboración dos plans xerais de ordenación municipal, cando se considere oportuno.

O PBA substitúe ás Normas complementarias e subsidiarias de planeamento provinciais aprobadas no ano 1991.

Nesta páxina ofrécese a posibilidade de consultar publicamente o visor SIX (sistema de información xeográfico), que permite navegar a través da planimetría oficial coa información do PBA; e o visor de descargas, que permite descargar en formato PDF toda a súa documentación.

Os planos a escala 1 : 10 000 e as fichas de patrimonio cultural están dispoñibles en arquivos comprimidos para cada concello no visor de descargas, mentres que o resto son descargas xerais comúns a todos os concellos dispoñibles na parte superior dereita do visor de descargas.


 

ACTUALIZACIÓN 2021

De conformidade co disposto no artigo 90.4 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, polo que se aproba o regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o PBA debe actualizarse cunha periodicidade mínima anual  en función dos cambios derivados das modificacións das afeccións sectoriais e da aprobación dos instrumentos de ordenación do territorio, por canto constitúe unha peza viva, radiográfica do acontecer normativo que afecta ao territorio da Comunidade Autónoma, ao que necesariamente deberán acudir os diversos axentes que actúan sobre o territorio nunha permanente revisión do estado da cuestión, que deberá dotar de transparencia e axilidade as accións planificadoras futuras.

A cartografía do PBA é obxecto da súa segunda actualización mediante Resolución do 21 de decembro de 2021 da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, coa corrección de erros do 14 de marzo de 2022 (DOG núm. 19 do 28.01.2022 e DOG núm. 62 do 30.03.2022, respectivamente).

O contido íntegro do PBA e da súa actualización está dispoñible nos enlaces relacionados a continuación.

A redacción orixinal dos documentos completos do PBA aprobado en 2018,así como da súa primeira actualización aprobada en 2020, están dispoñibles para a súa descarga na web do Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia, indicando no campo “Instrumento”: Plan Básico Autonómico.


 

DOCUMENTOS RELACIONADOS

1. Memoria xustificativa e anexos
     Memoria xustificativa (AD 2018)
    Memoria actualización Ano 2021_CE01
    Memoria - Anexo I: marco legal Actualización 2021
    Memoria - Anexo II: fontes de información Actualización 2021
    Memoria - Anexo III: instrumentos OT Actualización 2021
    Memoria - Anexo IV: espazos naturais Actualización 2021
    Memoria - Anexo V: gráficos Actualización 2021
    Memoria - Anexo VI: análise poboacional Actualización 2021_sen cambios
    Memoria - Anexo VII: asentamentos nomenclátor Actualización 2021_CE01
    Memoria - Anexo VIII: asentamentos Planeamento Actualización 2021_CE01
    Memoria - Anexo IX-I: catálogo BIC Actualización 2021
    Memoria - Anexo IX-II: catálogo BCPCG Actualización 2021

2. Planos a escala 1:250.000  (na descarga de información do PBA) 2021

3. Planos a escala 1:10.000  (na descarga por concello) 2021_CE01

4. Fichas do Catálogo de Patrimonio Cultural  (na descarga por concello) 2021

5. Normativa e ordenanzas tipo (Decreto 83/2018)

6. Documentación ambiental (AD 2018)
    I. Estudo Ambiental Estratéxico (EAE)
    II. Resumo non técnico do EAE
    III. Medidas de seguemento ambiental do PBA
    IV. Extracto do PBA

7. Resolución do 21 de decembro de 2021 de actualización do PBA, coa corrección de erros do 14.03.2022
    Resolución DOG
    Resolución DOG CE

 8. Histórico de resolucións de actualización do PBA
    Resolución do 25 de maio de 2020

Contacto/s relacionados
  • Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo :
    sxurb@xunta.gal

    Teléfono: 981 544 356