CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

A sostibilidade e o paisaxe

Riqueza paisaxística, sinal de identidade, valor patrimonial, recurso económico

A Sostibilidade como alternativa

Ao longo da década dos 80 toma forza a idea de que o ritmo de utilización dos recursos non renovables do planeta estaba a crecer sen control. Neste contexto, no ano 1987 a Comisión Mundial sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento de las Nacións Unidas publica o informe "O noso Futuro Común" (Informe Brundtland) onde identifica a converxencia entre o medio ambiente e o desenvolvemento coma o problema central que será necesario abordar nas próximas décadas.

Segundo este Informe, a sostibilidade é "satisfacer as necesidades das xeracións presentes sen comprometer a capacidade de satisfacer as necesidades deas xeracións futuras". Para elo é necesario ter en conta a triple dimensión, ambiental, social e económica de este concepto.

Para resolver un problema social, ambiental ou económico é necesario que todos os factores que afectan ao problema se integren na solución, de acordo col pensamento holístico do desenvolvemento sostible.

É preciso un cambio de valores e actitudes, unha conciencia colectiva de que cada acto individual cotián ten un impacto na natureza, contribúe a un determinado tipo de relacións sociais, e polo tanto inflúe nunha determinada dirección sobre o noso futuro.

A Paisaxe en Galicia

Unha das principais características de Galicia é a súa riqueza paisaxística. A súa situación xeográfica no planeta, a proximidade do océano e a existencia das altas serras orientais, unha contrastada morfoloxía, os milleiros de ríos que sucan este territorio, a presenza de rochas graníticas e louseñas, así como un variado mosaico climático e unha elevada diversidade biolóxica, configuran unha riqueza paisaxística única e irrepetible.

A nosa paisaxe constitúe, xunto coa nosa lingua, unha das nosas sinais de identidade como pais. É un valioso recurso patrimonial que participa do interese xeral nos seus aspectos ecolóxicos, culturais, económicos e sociais. Un recurso, non obstante,fráxil e non renovable que require do noso compromiso ético como pobo, para a súa xestión, salvagarda e mellora.

Segundo a nosa lei, paisaxe é calquera parte do territorio tal e como a percibe a poboación, cuxo carácter sexa o resultado da acción e da interacción de factores naturais e humanos.

A situación actual, derivada dunha mudanza súpeta nos usos e nos costumes das xentes como consecuencia do tardío desenvolvemento socioeconómico no século XX, tivo como consecuencia unha forte degradación das paisaxes en áreas moi concretas do noso territorio.

A Comunidade Autónoma de Galicia é hoxe consciente da importancia das nosas paisaxes e do deber que temos en preservalas, xa que proporciona o marco idóneo na súa concepción holística para abordar a comprensión e a análise do territorio, asi como das políticas de desenvolvemento sostible necesarias para a súa posta en valor e dos procesos ecolóxicos que nel teñen lugar.