CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Obxectivo temático 6: Contribuír á conservación do medio ambiente e o patrimonio cultural

As actuacións encádranse dentro de dous obxectivos específicos:

OE 6.1.1 - preténdese continuar coa diminución na xeración de residuos, avanzar na prevención e reutilización, fomentando a separación destes, e impulsando a recollida selectiva, a separación, a reciclaxe e o tratamento de residuos. Para isto, priorizaranse medidas destinadas á prevención e redución de residuos, de desenvolvemento da separación, recollida selectiva e reciclaxe de residuos domésticos e industriais, xunto coa prevención, control e seguimento na industria dirixidas á redución da contaminación do solo e da atmosfera.

As actuacións financiadas con fondos europeos enmarcadas neste obxectivo específico son as seguintes.

- Mellorar a recollida selectiva de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos.

- Servizo de tratamento de residuos plásticos agrícolas.

- Prevención e xestión de residuos industriais.

- Actuacións para a mellora da xestión de residuos domésticos durante os anos 2017 e 2018.

- Convocatoria de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal.

OE 6.4.1 - preténdese asegurar a conservación da biodiversidade da rexión mediante medidas que garantan a mellora do estado dos hábitats e das especies, consolidando un modelo sustentable de explotación das áreas protexidas que garanta o mantemento dos espazos protexidos e da poboación que vive neles. As actuacións irán encamiñadas á rehabilitación de espazos degradados e de protección e conservación dos espazos naturais.

As actuacións financiadas con fondos europeos enmarcadas neste obxectivo específico son as seguintes:

- Recuperación, restauración, adecuación e limpeza de puntos de vertido incontrolado.