CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Subdirección Xeral de Residuos

A Subdirección Xeral de Residuos exercerá as seguintes funcións dentro do ámbito de competencias atribuídas á Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático:

  • a) A elaboración e o seguimento dos programas autonómicos de prevención de residuos e dos plans autonómicos de xestión de residuos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 10/2008, do 3 de novembro, de residuos de Galicia, e das accións de desenvolvemento destes.
  • b) O fomento das accións de minimización da produción de residuos, da súa reutilización e reciclaxe e dos programas de colaboración cos concellos e con outras organizacións para a aplicación das accións indicadas.
  • c) O seguimento das autorizacións dos sistemas colectivos de responsabilidade ampliada do produtor no territorio galego.
  • d) O establecemento e a xestión de procedementos que garantan a distribución da información en materia de residuos.
  • e) A tramitación das autorizacións de xestores/as e produtores/as de residuos.
  • f) O control da rastrexabilidade en materia de residuos.
  • g) A realización de campañas de formación e sensibilización en materia de residuos.
  • h) A elaboración de informes técnicos en materia de residuos.
  • i) A planificación e o fomento de accións relacionadas coa economía circular.
  • j) A proposta de convenios relacionados coa xestión de residuos.
  • k) A colaboración coas consellerías correspondentes no control da xestión dos residuos non incluídos no ámbito de aplicación da Lei de residuos de Galicia, especialmente coas consellerías con competencias en materia de sanidade, no control da xestión dos residuos producidos nos establecementos sanitarios, e do Medio Rural, no control da xestión dosresiduos producidos nas explotacións agrícolas e gandeiras.
  • l) Aquelas que, por razón da súa competencia, se lle encomenden.

Para o desenvolvemento das funcións antes relacionadas, a subdirección xeral contará, con nivel orgánico de servizo, coas seguintes unidades:

  • Servizo de Residuos.