CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo

A Subdirección Xeral de Réxime Xurídico-Administrativo exercerá as seguintes funcións:

  • a) O estudo e a tramitación dos anteproxectos e proxectos de disposicións de carácter xeral que elaboren os distintos centros directivos da consellería.
  • b) O estudo, tramitación e proposta de resolución de reclamacións, recursos e requirimentos formulados contra os actos e resolucións ditados polos distintos órganos da consellería, cando non estean atribuídos a outros órganos desta, así como a tramitación de reclamacións e recursos en materia de persoal.
  • c) A coordinación dos requirimentos e peticións formuladas á consellería pola persoa titular das institucións do Defensor do Pobo, Valedor do Pobo e outros órganos e institucións, así como a coordinación cos distintos centros directivos da consellería, en relación coa tramitación dos requirimentos e peticións formulados polos xulgados e tribunais.
  • d) O estudo e informe dos asuntos que teñan que elevarse ao Consello da Xunta de Galicia e á Comisión de Secretarios Xerais.
  • e) A coordinación e tramitación dos plans, programas e estratexias que se promovan e elaboren desde a consellería.
  • f) A interlocución cos restantes órganos da Administración pública ou coas entidades correspondentes por razón da materia, no marco da elaboración dos plans, programas e estratexias da consellería.
  • g) A coordinación, para a súa remisión e ulterior publicación no Diario Oficial de Galicia, das disposicións e actos administrativos ditados polos órganos da consellería.
  • h) A coordinación, mediante a elaboración de instrucións, protocolos de actuación ou calquera outro instrumento que se considere adecuado, coas unidades da consellería que desenvolvan funcións xurídico-administrativas.
  • i) A tramitación dos convenios e protocolos de colaboración en que sexa parte a consellería e non sexan competencia doutros órganos desta.
  • j) A coordinación das actuacións da consellería en relación coas fundacións de interese galego sobre as cales esta exerza o protectorado, para cuxo efecto levará os libros de rexistro.
  • k) A elaboración de propostas de resolución daqueles procedementos cuxa resolución sexa competencia da persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, sempre que non sexa competencia doutros órganos da consellería.
  • l) A xestión do plan de publicacións e edicións audiovisuais da consellería e as funcións relativas á súa representación na Comisión de Publicacións da Xunta de Galicia.
  • m) A elaboración e tramitación das propostas competencia da consellería para a designación de membros de órganos colexiados e entidades do sector público autonómico de Galicia.
  • n) A coordinación das unidades responsables de transparencia e o cumprimento das obrigas de información institucional, organizativa e de planificación en materia de transparencia da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
  • ñ) A elaboración de informes relacionados coas funcións anteriormente relacionadas, así como aqueles outros asuntos que, por razón da súa competencia, lle sexan encomendados pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, sen prexuízo das competencias de asesoramento en dereito encomendadas á Asesoría Xurídica da consellería pola Lei 4/2016, do 4 de abril, de ordenación da asistencia xurídica da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e do seu sector público.
  • o) En xeral, prestarlle asistencia e xestionar cantos asuntos lle sexan encomendados, por razón da súa competencia, pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica.