CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Vicesecretaría Xeral

A Vicesecretaría Xeral  desempeñará as seguintes funcións:

  • a) A actuación como oficina de xestión orzamentaria.
  • b) A elaboración e tramitación do anteproxecto anual de orzamentos da consellería.
  • c) A elaboración do orzamento da Secretaría Xeral Técnica, así como a xestión e a tramitación de todos aqueles expedientes de xestión do gasto que se tramiten con cargo ao orzamento da Secretaría Xeral Técnica e, en particular, os expedientes relativos a contratos menores de gasto corrente.
  • d) O seguimento da execución dos créditos orzamentarios e a tramitación das súas modificacións en coordinación cos entes implicados e o seguimento do grao de realización dos obxectivos respecto a os programas e actuacións que se determinen na lei anual de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma.
  • e) A formulación, en termos obxectivos e programas de gasto, mesmo plurianuais, dos plans de actuación e proxectos dos servizos orzamentarios dependentes.
  • f) O estudo e informe económico dos actos e disposicións con repercusión económica-financeira nos orzamentos de gastos e ingresos.
  • g) O informe e proposta, no seu caso, á comisión orzamentaria que corresponda da revisión dos programas de gasto e desenvolver e aplicar as instrucións para a elaboración do orzamento anual.
  • h) A análise e coordinación de cuantos recursos financeiros teña asignados a consellería, así como a coordinación e seguimento da aplicación dos fondos europeos ou outros finalistas que financien proxectos da consellería, sen prexuízo das funcións atribuídas ás unidades e órganos correspondentes.
  • i) A ordenación, xestión e administración ordinaria dos asuntos relativos ao persoal da consellería.
  • j) A organización e supervisión das bases de datos e de rexistro de persoal, sen prexuízo das competencias que correspondan a outros departamentos da Xunta de Galicia.
  • k) A xestión dos plans de formación do persoal da consellería.
  • l) A organización dos aspectos que incumben ao réxime interior da consellería.
  • m) A formación de estatísticas nas materias que sexan competencia da consellería en coordinación co Instituto Galego de Estatística, sen prexuízo das funcións nesta materia doutras unidades da consellería.
  • n) As funcións de asesorar e emitir os informes solicitados pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica e, en especial, prestarlle asistencia, coordinar e xestionar cuantos asuntos sexanlle encomendados pola persoa titular da Secretaría Xeral Técnica, por razón da súa competencia.