CMATI

|
|
|
Compartir

Costa de Ferrolterra - Valdoviño

Código ZEPA

ES0000258

Data de declaración

19 de xuño de 2003.

Instrumentos de planificación

Plan director da Rede Natura 2000. Decreto 37/2014

Superficie

4.266 ha.

Concellos

Ferrol, Narón e Valdoviño.

Situación

No norte da provincia da Coruña. Valdoviño é a poboación máis importante nas inmediacións do espazo natural, que ademais se encontra moi próximo á cidade de Ferrol.

Outras figuras de protección

  • Zona Especial de Conservación "Costa Ártabra", ZEC ES1110002; 7.546 ha.
  • Humidal Protexido "Lagoa e areal de Valdoviño"; 485 ha.
  • Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN) “Costa Ártabra”, de 7.546 has. e “Costa de Ferrolterra – Valdoviño”, de 4.266 has.
  • Humidal de Importancia Internacional (Convenio Ramsar) "Lagoa e areal de Valdoviño", 485 ha.

A área correspóndese parcialmente coa IBA 005 “Costa de Ferrolterra-Valdoviño”, incluída no inventario de SEO/BirdLife (2012).

Avifauna

Colonias interesantes de aves mariñas, con Hydrobates pelagicus (posiblemente o mellor punto de cría de Galicia nas illas Gabeiras), Phalacrocorax aristotelis e algunhas pequenas colonias de Larus cachinnans. Nas illas Gabeiras localízase un importante dormitorio invernal de corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo). A avifauna de cantil inclúe o falcón peregrino (Falco peregrinus), andoriñón real (Apus melba), merlo azul (Monticola solitarius), choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax), gralla pequena (Corvus monedula), e corvo grande (Corvus corax). Gran variedade de aves acuáticas e palustres nas lagoas e areais, incluíndo invernada de anátidas (a miúdo boas concentracións de patos, Aythya spp., aínda que en declive) e galiñolas, Fulica atra (tradicionalmente a mellor zona de invernada en Galicia), presenza invernal frecuente de abetouro (Botaurus stellaris), e tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus), presenza de garza pequena (Ixobrychus minutus), en época de nidificación, etcétera. Único punto de cría regular en Galicia do pato frisado (Anas strepera), na Frouxeira. Invernada e, sobre todo, paso destacado de limícolas nas praias e na lagoa da Frouxeira, que constitúen unha área importante de parada migratoria para o pilro tridáctilo, Calidris alba, entre outras moitas especies. Cría de píllara das dunas (Charadrius alexandrinus), nos maiores areais, con invernada na Frouxeira. Cría e paso de paseriformes de carriceira (folosas, Acrocephalus spp. e Locustella spp., escribentes das canaveiras, Emberiza schoeniclus). O areal da Frouxeira é un dos puntos de invernada do escribente das neves (Plectrophenax nivalis), máis regulares e importantes de España.

Documento/s relacionados
  • Información ambiental, valoración e zonificación do espazo natural. Anexo IV Espazos da Área Litoral Descargar
Subir