O día 19 de decembro de 2022 publicáronse no Diario Oficial de Galicia as seguintes ordes de axudas:
ORDE do 1 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras dasaxudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia ese convocan axudas para o ano 2023 destinadas ás entidades locais (código de procedemento MT811A).
ORDE do 1 de decembro de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para actuacións encamiñadas á protección dos animais domésticos de compañía abandonados en Galicia e se convocan axudas para o ano 2023 destinadas ás asociacións inscritas no Rexistro Galego de Asociacións para a protección e defensa dos animais de compañía (código de procedemento MT811B).