CMATI

|
|
|
Compartir

Rede de Alerta Temperá de Especies Exóticas Invasoras

En cumprimento co establecido no Real Decreto 630/2013, do 2 de agosto, polo que se regula o catálogo español de especies exóticas invasoras e no Regulamento (UE) 1143/2014, do 22 de outubro de 2014, sobre a prevención e a xestión da introdución e propagación de especies exóticas invasoras, a Rede de alerta temperá de Galicia actúa como un dos puntos focais que deberá informar respecto da aparición e detección de novas especies exóticas que ocorran no noso territorio á Rede nacional para a vixilancia de especies exóticas invasoras.

Obxectivo da Rede

O obxectivo desta Rede é a de servir como soporte territorial que recolla, coa maior brevidade posible, información sobre a aparición de novas especies exóticas no territorio galego, ou a aparición de especies exóticas coñecidas para Galicia en lugares onde nunca se citaron   anteriormente (primeiras citas), permitindo unha resposta rápida para a erradicación das especies invasoras.

Porén, este medio non é adecuado para comunicar a presenza de especies exóticas invasoras de ampla distribución no noso territorio ou que levan moito tempo establecidas.

Colaboradores da Rede

Poderán colaborar coa Rede todas aquelas persoas que queiran de xeito voluntario aportar información da súa contorna coñecida ou dos lugares que visita de maneira puntual. Formarán parte da Rede, entre outros, o persoal dos Servizos de Patrimonio Natural das Xefaturas Territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e sería desexable que se adherisen a ela diferentes entidades, como Departamentos Universitarios, Centros de Investigación, Centros educativos, e ONGs (federacións deportivas, asociacións naturalistas, voluntariado, etc.) de maneira que quede cuberto a maior parte do territorio galego. Para iso convidamos ás entidades  que queiran incorporarse a formar parte da Rede de Alerta a darse de alta á lista de entidades colaboradoras mediante o envío dunha mensaxe de correo electrónico

Envío de información

O envío da información realizarase mediante unha ficha de  aviso temperá, que recolle especie, data de detección, coordenadas, se se pode, co sistema de referencia utilizado, o tipo de hábitat afectado e outros datos que poidan resultar de interese. Sempre que sexa posible, será de gran axuda proporcionar unha foto cunha referencia de tamaño (como unha moeda, por exemplo).

 
Información de anteriores alertas en Galicia.
 
Especie
Data de detección
Lugar

Actuacións de resposta rápida realizadas

Mapache (Procyon lotor)

12/12/15
Nantón (A Baña)
Exemplar atropelado. Seguimento da zona para localizar posible núcleo de poboación.
Fallopia japonica1/10/2015Chan de Casal, Xustáns (Ponte Caldelas)Mancha duns 8 m2. Realizado tratamento de erradicación. En situación actual de seguimento.
Ganso do Canadá (Branta canadensis)1/9/2015Cirela (Río Deza). Vila de Cruces (PO)Seguimento.
Xacinto de auga (Eichhornia crassipes)1/9/2015As Aceñas, Baión (Vilanova de Arousa)3 exemplares localizados. Retirada de exemplares. 
 Mapache (Procyon lotor)9/7/2015Raíces. Ames (CO)Exemplar illado, probablemente de orixe doméstica,  é retirado do medio.  Non identificado núcleo poboacional.
Mapache (Procyon lotor)11/5/2015Xestoso. Monfero (CO)Exemplar atropelado. Campaña de trampeo. Non identificado núcleo poboacional.
Althernanthera philoxeroides21-8-2014San Salvador-Hermedesuxo. Fisterra (CO)Identificada zona afectada e e vía de entrada. Tratamentos de erradicación realizados entre maio e agosto de 2015. En situación actual de seguimento.
Mapache (Procyon lotor)28-9-2012Contorna de Lugo e Outeiro de Rei (LU)Identificado núcleo de poboación silvestre e vía de entrada. Campañas de trampeo en 2013 (27 exemplares capturados), 2014 (15 exemplares) e 2015 (0 exemplares). En situación actual de seguimento.
Xacinto de auga (Eichhornia crassipes)2-10-2012Caldas de Reis (Río Bermaña) (PO)Retirada de exemplares.