CMATI

|
|
|
Compartir

Axudas para a conservación, protección e mellora

O Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, prevé no seu artigo 10.1 a posibilidade de que a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda poida establecer un réxime de axudas económicas encamiñadas á súa conservación, protección e mellora ou, se é o caso, para realizar tratamentos fitosanitarios ou silvícolas de mantemento.

Mediante as Ordes do 12 de decembro de 2023 establécense as bases reguladoras das axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para a conservación, protección e mellora das árbores e formacións incluídas no Catálogo galego de árbores senlleiras, e convócanse as ditas axudas para o ano 2024 (procedementos MT804B e MT804C).

Actividades subvencionables

Serán actuacións subvencionables ao abeiro destas ordes de axudas as destinadas a:

a) Realización de podas e actuacións de formación e control da copa. Serán subvencionables os gastos directamente relacionados coa realización de podas e actuacións de formación e control da copa que se consideren precisas para a conservación e mellora dos elementos catalogados. As características das podas e actuacións de formación e control da copa deberán ser validadas polo Servizo de Patrimonio Natural, previamente ao seu desenvolvemento.

b) Aplicación de tratamentos fitosanitarios. Serán subvencionables os gastos directamente relacionados coa adquisición e aplicación de productos fitosanitarios, e posterior xestión dos residuos con xestores autorizados. As características dos traballos deberán constar nunha memoria ou proxecto técnico que requirirá da aprobación do Servizo de Patrimonio Natural previamente á súa execución.

c) Accións encamiñadas á conservación e mellora do contorno. Serán subvencionables os gastos directamente relacionados coa conservación e mellora das inmediacións dos elementos catalogados incluíndo, entre outros, descompactación ou fertilización do terreo, retirada ou modificación de elementos prexudiciais para os elementos catalogados por cuestións sanitarias ou estéticas, ou plantación de novos exemplares (só no caso de formacións senlleiras). As características dos traballos deberán constar nunha memoria ou proxecto técnico que requirirá da aprobación do Servizo de Patrimonio Natural previamente á súa execución.

d) Accións de divulgación e sinalización. Serán subvencionables os gastos directamente relacionados coa difusión da información da condición de árbores e formacións senlleiras incluíndo, entre outros, deseño e impresión dos materiais. Tamén serán subvencionables os gastos directamente relacionados coa información á beira dos elementos catalogados da súa condición de árbores e formacións senlleiras incluíndo, entre outros, sinais, soportes e gastos de colocación. O formato, o contido e demais características dos materiais divulgativos e/ou de sinalización deberán ser validados polo Servizo de Patrimonio Natural, previamente á edición dos materiais e/ou á execución dos traballos.

e) Realización de estudos. Serán subvencionables os gastos directamente relacionados coa realización de estudos fitosanitarios, biomecánicos e calquera outro que se considerenprecisos para a conservación e mellora dos elementos catalogados, incluíndo a elaboración de plans de xestión encamiñados á conservación, restauración e mellora dos elementos catalogados.

Non será obxecto de subvención:

a) O imposto do valor engadido (IVE).

b) Aquelas actuacións ou actividades que poñan ou poidan poñer en perigo os valores que xustificaron a inclusión da árbore ou formación no Catálogo galego de árbores senlleiras.

c) As actuacións que se iniciasen antes da certificación de non inicio ou sen contar coa validación previa á súa realización por parte do Servizo de Patrimonio Natural da Xefatura Territorial da Vicepresidencia segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda correspondente, cando esta for precisa.

En todo caso, a contía da subvención non poderá ser nunca superior ao custo da acción subvencionable.

Ámbito temporal

As axudas a que se refire esta orde comprenden os gastos subvencionables que foran efectivamente realizados desde a certificación de non inicio ata o 30 de setembro de 2024.

En ningún caso se poderán ter iniciado as actividades antes da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. É condición indispensable que, con anterioridade ao comezo das actuacións, o Servizo de Patrimonio Natural da Xefatura Territorial da Vicepresidencia segunda e Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda correspondente expida unha certificación de non inicio, para todas as actuacións subvencionables incluídas no artigo 2 agás as descritas na letra e), que será realizada de oficio a partir do momento da recepción da solicitude da axuda.

Persoas e entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias as entidades locais e as persoas físicas ou xurídicas ou entidades sen personalidade xurídica propietarias de elementos incluídos no Catálogo galego de árbores senlleiras na data de publicación das ordes.

Só se admitirá unha única solicitude por persoa ou entidade solicitante. Cando unha mesma persoa ou entidade solicitante sexa propietaria de máis dunha árbore e/ou formación senlleira, deberá presentar unha única solicitude que abranguerá todas as árbores e/ou formacións para as cales se solicita a axuda.

Contía da axuda

A axuda poderá acadar o 100 % dos gastos subvencionables, fixándose un importe máximo de 4.500 euros de axuda por árbore e 8.000 euros de axuda por formación.

No caso de superación das dispoñibilidades orzamentarias poderán axustarse as contías á pro rrata entre todas as entidades beneficiarias. O réxime de rateo farase atendendo á puntuación obtida no proceso de valoración.

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes será de 1 mes contado a partir do día seguinte da publicación da orde.

Prazo para a xustificación dos gastos realizados

O prazo máximo para presentar a xustificación dos gastos realizados (desde a certificación de non inicio ata o 30 de setembro de 2024) rematará o día 16 de outubro de 2024.

Ligazon/s relacionadas