CMATI

|
|
|
Compartir

Centaurea ultreiae (Centaurea ultreiae)

Descrición

Planta perenne con estolóns subterráneos. Follas enteiras dispostas en roseta. Forman capítulos sésiles no centro da roseta. Brácteas con espiña punzante. Corola amarela ou alaranxada. Aquenios grandes, comprimidos lateralmente con vilano curto e caedizo. As flores son polinizadas por insectos, principalmente por abellóns e abellas. A dispersión dos froitos é principalmente por formigas (mirmerocoria).

Demografía

A dinámica poboacional depende basicamente das variacións de cobertura existentes. En solos con escasa vexetación alcánzanse densidades altas, pero ao desenvolverse matogueira o número de abrochos vai diminuíndo ata desaparecer case por completo.

Hábitat

Desenvólvese en matogueiras pouco desenvolvidas, de escaso talle ou queimadas periodicamente, e bordos de camiños.

Distribución

A única poboación coñecida encóntrase en Monte do Castelo (A Coruña). O seu estado de conservación é bo.

Estado de conservación

Especie moi ameazada actualmente pola transformación dos seus hábitats en prados e plantacións de eucaliptos.

Categoría de conservación

En perigo de extinción.

 

Documento/s relacionados
Subir