CMATI

|
|
|
Compartir

Preguntas máis frecuentes

¿Que debe facer se atopa una animal salvaxe ferido ou enfermo?

Un animal silvestre ferido ou enfermo precisa atención de expertos, require tratamento veterinario e un un manexo coidadoso que conclúa cunha solta posterior no medio natural.

  • Ó localizar un animal ferido debe poñerse en contacto inmediatamente co Centro de Recuperación de Fauna Silvestre da súa provincia ou, no seu defecto, co axente forestal da zona ou co Servicio Provincial de Espacios Naturais e Biodiversidade da Delegación Provincial da Consellería do Medio Rural e do Mar. Logo de establecido o contacto, o animal será recollido e trasladado ó Centro de Recuperación de Fauna Silvestre nun prazo máximo de 24 horas.
  • Durante a espera, o animal encontrarase mellor nunha caixa de cartón do seu tamaño (se as características do animal o permiten) situada nun lugar silencioso, seco e temperado, lonxe de persoas ou outros animais. Non lle dea nunca de comer ou de beber.

Baixo ningún concepto poderá quedar en posesión do animal. A súa tenza sen autorización supón unha infracción á Lei 9/2001, de conservación da natureza.

Centros de recuperación de fauna silvestre da Xunta de Galicia

  • A CORUÑA. Centro de Recuperación de Fauna Silvestre "Santa Cruz de Oleiros", Oleiros. 981-62.62.41
  • LUGO. Centro de Recuperación de Fauna Silvestre "O Veral", Carretera de Friol s/n, Lugo. 982-20.77.05
  • OURENSE. Centro de Recuperación de Fauna Silvestre "Alto do Rodicio", Maceda. 988-30.20.51
  • PONTEVEDRA. Centro de Recuperación de Fauna Silvestre "Cotorredondo", Vilaboa. 986-68.03.90

 

Tenza de animais exóticos

O incremento do volumen do comercio de especies animais e vexetais silvestres, unido á perda de hábitats naturais reduxo numerosas poboacións ata o extremo de facer peligrar a súa supervivencia. Cada ano compran e vendense no mundo 5 millóns de aves vivas, 10 millóns de peles de reptiles, 15 millóns de peles de mamíferos e aproximadamente 2.000 toneladas de corais. Máis da cuarta parte deste comercio é ilegal.
En moitos casos poden ser transmisores de enfermidades exóticas que afectan ás persoas ou a outros animais.
Se pretende ter mais dun animal ou criar cos animais exóticos comprados deberá comunicalo á Dirección Xeral de Conservación da Natureza para que lle informe se debe rexistrarse como establecemento (núcleo zoolóxico).
Debemos garantir que coñecemos ben as necesidades do animal e que podemos mantelos en instalacións axeitadas e aportarlles a alimentación, manexo e coidados veterinarios que precisan. En moitas ocasións descoñecemos a etoloxía da especie, o que causa problemas irresolubles ós animais (ex: problemas psicolóxicos en loros).
Os animais que poidan causar danos de certa entidade ás persoas ou ós animais son considerados como potencialmente perigosos, quedando os seus donos supeditados ó cumprimento do establecido na lexislación de aplicación (Lei 50/1999, do 23 de decembro, RD 287/2002, do 22 de marzo eDecreto 90/2002, do 28 de febreiro).

Subir