CMATI

|
|
|
Compartir

Presentación

Cooperacion

A Xunta de Galicia, a través da Dirección Xeral de Patrimonio Natural, integrada na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, segundo a estrutura orgánica segundo a estrutura orgánica vixente, participa actualmente no Programa de Cooperación INTERREG V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP) en catro proxectos, en dous como Beneficiario Principal e noutros dous como Beneficiario:

Os proxectos que lidera son os seguintes:

  • Gerês_Xurés_Dinámico: Dinamización conxunta da Reserva da Biosfera Transfronteiriza Gerês-Xurés (http://portasxures.es)
  • Migra_Miño_Minho: Protección e Conservación de Peixes Migradores no Tramo Internacional do Río Miño e os seus Afluentes (http://migraminho.org)

Os proxectos nos que participa como socio son:

  • Miño_Destino_Navegable: Río Miño: un destino navegable
  • Fronteira_Esquecida: Fronteira esquecida Limia – Lima

No anterior Programa de Cooperación Transfonsteiriza España-Portugal (POCTEP) 2007-2013 a Dirección Xeral liderou os siguintes dous proxectos, precursores do Gerês - Xurés Dinámico e do Migra Miño_Minho:

  • Natura_Miño_Minho: Valorización dos recursos naturais da conca hidrográfica do Miño-Minho.
  • Natura_Xurés_Gerês: Xestión conxunta do parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés - Parque nacional da Peneda-Gerés.

Todos estes proxectos forman parte dunha ambiciosa estratexia de conservación dos valores naturais da área transfronteiriza Galicia e o Norte de Portugal.