CMATI

|
|
|
Compartir

Reservas da Biosfera

As Reservas da Biosfera constitúen lugares excepcionais para a investigación, a observación a longo prazo, a formación, a educación e a sensibilización do público, permitindo ao mesmo tempo que as comunidades locais participen plenamente na conservación e o uso sostible dos recursos. Considera que tamén constitúen lugares de demostración e polos de acción no marco das políticas de desenvolvemento rexional e de ordenamento do territorio. A Conferencia de Sevilla confirmou a especial importancia das reservas de biosfera instituídas no marco do Programa MaB (Man and Biosphere), sobre o Home e a Biosfera para a conservación da diversidade biolóxica, en harmonía coa salvagarda dos valores culturais aos que están vinculadas.

 As reservas de Biosfera constitúen un elemento esencial do Programa MaB (Home e Biosfera) da UNESCO. Son áreas de ecosistemas terrestres, costeiros ou mariños nos que se promove a investigación, a observación a longo prazo, a educación ambiental e a sensibilización do público. Nelas, promóvese a conservación dos recursos naturais e o desenvolvemento económico e social das comunidades locais, tendo en conta todas as necesidades sociais, culturais, económicas dos seus poboadores, apoiadas nunha base científica.

As Reservas deben cumprir tres funcións básicas:

  1. conservación da biodiversidade e dos ecosistemas que conten,
  2. desenvolvemento das poboacións locais
  3. Función loxística de apoio á investigación, á formación e máis á comunicación.

As Reservas da Biosfera deberán contar con tres tipos de zonas:

  1. Zona núcleo, cuxa principal función é a conservación.
  2. Zona tampón para amortezar os efectos das accións humanas sobre as zonas núcleo.
  3. Zona de transición, onde se promovan actividades económicas sostibles para favorecer o desenvolvemento socioeconómico das poboacións locais.

As entidades que solicitan a declaración dun lugar como reserva da Biosfera, deben constituír un órgano de xestión, responsable de levar a cabo o Plan de Actuación

A coordinación do desenvolvemento do Programa MaB en España está encomendada legalmente ao Organismo Autónomo Parques Nacionais do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente. Real Decreto 1477/2004, articulo 5-4 e Real Decreto 342/2007.

As Reservas da Biosfera declaradas en Galicia:

 Unha nova folla de ruta para o Programa sobre o Home e a Biosfera (MaB) e a súa Rede Mundial de Reservas da Biosfera:

  • Estratexia do MaB (2015 - 2015)
  • Plan de Acción de Lima (2016 - 2025)
  • Declaración de Lima