CMATI

|
|
|
Compartir

Boas Prácticas

O principal asunto que está aparecendo e o tema social, o agricultor, gandeiro e silvicultor como artista da paisaxe e conservador da biodiversidade está desaparecendo destas zonas de montaña.

Outro é o relacionado coa conservación e posta en valor de prados de rega e campas de montaña, así como a práctica da transhumancia que se leva a cabo nos meses de verán nesta zona da serra dos Ancares.

Esta actividade está mantendo a biodiversidade en paisaxes agrarias de alto valor, constituíndo o que se pode denominar como unha gandería heroica, debido as limitacións naturais que caracterizan a estas zonas de montaña.

Tamén está emerxendo do grupo de actores a conservación e recuperación de soutos e searas. Espazos tradicionais adevesados cun uso silvopastoril onde asociacións de árbores senlleiras e cereal de inverno levan sendo desde sempre un gran valor en termos de biodiversidade e paisaxe, contribuíndo ademais o desenvolvemento rural con produtos de alta calidade.

Como aspecto que abrangue os xa mencionados estase pondo de manifesto a necesidade de desenvolvemento do sector turístico de natureza, contribuíndo o mantemento das boas prácticas e a fixación de poboación local, así como compartir e concienciar a sociedade dos valores deses espazos.