BioGov en Galicia propón a elaboración dun plan de acción da paisaxe (ou conxunto de boas prácticas) a través da:
- Promoción de coñecemento técnico e científico sobre os elementos a conservar e incluír na infraestrutura verde de Galicia, tanto a nivel rexional como local, tal que sirva como modelo territorial onde focalizar os recursos e medidas para facer mais eficiente o efecto dos fondos FEDER destinados o fomentar os valores da biodiversidade e a paisaxe
- O análise da conectividade entre elementos prioritarios da infraestrutura verde local como son: soutos, prados, searas, campas, pasteiros, bosques de ribeira, avesedos, vías pecuarias, pallozas, …
- O de medidas deseño e posta en acción de xestión que favorezan a biodiversidade e a paisaxe
Na definición do plan a través do grupo de actores na zona piloto de Cervantes, estanse tendo en conta aspectos como :
- As oportunidades que a lexislación da Unión Europea está desenvolvendo no referente a biodiversidade, as infraestruturas verdes e a paisaxe
- A vocacionalidade natural e as tradicións culturais locais
- As necesidades de formación, acompañamento e valoración que precisan os agricultores, gandeiros e silvicultores, como verdadeiros artistas da paisaxe e conservadores da biodiversidade
- A necesidade de alianzas da poboación local coas administracións públicas, a poboación ausente con vínculos familiares e a poboación en xeral, o mercado, para incrementar a súa concienciación e implicación na conservación da biodiversidade nestes zonas onde os valores paisaxísticos están en perigo.
- A proposta concreta de boas prácticas detectadas no grupo de actores locais, ou aprendidas as no proceso de aprendizaxe internacional
- A análise da viabilidade na implementación das medidas ou boas prácticas que se están propoñendo no plan de acción da paisaxe
O plan de acción da paisaxe en Galicia definido en BioGov aspira a ser extrapolable a Zona de Especial Conservación (ZEC) Ancares – Caurel e a Gran Área Paisaxística Serras Orientais.