CMATI

|
|
|
Compartir

Premio de Paisaxe do Consello de Europa

O Catálogo das paisaxes de Galicia foi un dos proxectos seleccionado polo comité de expertos para participar na quinta edición do Foro do Premio de Paisaxe do Consello de Europa, xunto con representantes de Letonia, Bélxica, Eslovaquia, Grecia, Chequia, Oslo-Noruega, Francia, Finlandia, Hungría, Italia, Andorra e Serbia. The Landscape Award Alliance of the Council of Europe.

Recoñécese polo Consello de Europa deste xeito o labor realizado polo goberno galego a prol da paisaxe e da súa protección, ordenación e xestión. European Landscape Convention. The Landscape Award Alliance of the Council of Europe.

O Consello de Europa é unha organización internacional creada en 1949 que na actualidade está formada por 47 países e entre os seus principais obxectivos están os de promover a democracia, os dereitos humanos, a configuración dun espazo político e xurídico común e a proposta de solucións aos principais problemas da sociedade Europea. Concil of Europe.

O encontro para o desenvolvemento do Convenio Europeo da Paisaxe é organizado regularmente dende o ano 2002 polo Consello de Europa para dar a coñecer entre os distintos estados as experiencias máis importantes realizadas a favor do desenvolvemento e aplicación do Convenio Europeo da Paisaxe, que poidan servir de exemplo para as autoridades doutras rexións europeas. Este ano celébrase o vixésimo encontro, no que se presenta a quinta edición do Foro do Premio de Paisaxe do Consello de Europa de Seleccións Nacionais (“Council of Europe Landscape Award Forum of National Selections – 5th Session”), no que se recollen os traballos sobre paisaxe realizados por distintos países e rexións europeas entre os anos 2016 e 2017 e seleccionados polo Consello de Europa para conformar o “Landscape Award Alliance of the Council of Europe”.

O 20 de xuño de 2018 presentouse en Daugavpils (Letonia) dentro do “20th Council of Europe Meeting of the Workshops for the Implementation of the European Landscape Convention”, convidados polo Consello de Europa, o Catálogo das paisaxes de Galicia.

O traballo do Catálogo das Paisaxes de Galicia foi seleccionado por España e proposto ao Consello de Europa, o cal o seleccionou para o encontro deste ano. Este traballo fai especial fincapé no proceso de participación pública co que se tratou de implicar á cidadanía na elaboración do Catálogo, así como na incorporación e integración no mesmo das opinións e informacións aportadas pola poboación.

Documento/s relacionados
  • Distinción Descargar  (352 Kb)
  • European Landscape Convention. The Landscape Award Alliance of the Council of Europe Descargar  (7,277 Kb)