CMATI

|
|
|
Compartir

As Directrices de Ordenación Territorial (DOT)

  • Directrices ordenacion

As Directrices de Ordenación do Territorio teñen como finalidade precisar a definición dun modelo territorial para Galicia, establecendo as pautas espaciais de asentamento das actividades. As propostas e determinacións das DOT definirán unha senda a seguir e perfilarán un escenario de futuro, que baixo unha perspectiva de sostibilidade, aspira a conseguir a cohesión social e territorial de Galicia , eliminando disparidades territoriais, o cal contribuirá ademais a unha maior eficiencia do sistema produtivo , así como a protección e posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico e a eficiencia ambiental en todos os procesos.

Dispor deste modelo de ordenación favorecerá unha gobernanza máis coordinada e eficaz , pois permitirá orientar aos restantes instrumentos de ordenación territorial e urbanismo, así como ás iniciativas sectoriais, de forma que as súas propostas sexan coherentes cos obxectivos xerais que se expoñen para o conxunto de Galicia e co papel que cada ámbito debe desenvolver nesa estratexia común.As Directrices de Ordenación do Territorio teñen como finalidade precisar a definición dun modelo territorial para Galicia, establecendo as pautas espaciais de asentamento das actividades. As propostas e determinacións das DOT definirán unha senda a seguir e perfilarán un escenario de futuro, que baixo unha perspectiva de sostibilidade, aspira a conseguir a cohesión social e territorial de Galicia , eliminando disparidades territoriais, o cal contribuirá ademais a unha maior eficiencia do sistema produtivo , así como a protección e posta en valor do patrimonio natural, cultural e paisaxístico e a eficiencia ambiental en todos os procesos. Dispor deste modelo de ordenación favorecerá unha gobernanza máis coordinada e eficaz , pois permitirá orientar aos restantes instrumentos de ordenación territorial e urbanismo, así como ás iniciativas sectoriais, de forma que as súas propostas sexan coherentes cos obxectivos xerais que se expoñen para o conxunto de Galicia e co papel que cada ámbito debe desenvolver nesa estratexia común.