CMATI

|
|
|
Compartir

Historia das Directrices de Ordenación Territorial

Ano 1996

O 14 de Febreiro de 1996, elaborouse a proposta de acordo do consello da Xunta de Galicia polo que se inicia o procedemento de elaboración das DOT.

Ano 1997

O 06 de Marzo de 1997, publícase no DOG a resolución do 26/02/1997 da Secretaria Xeral da CPTOPV pola que se acorda a publicación do acordo de iniciación das DOT do 14/02/1996.

Ano 1999

En Xuño 1999 finalizouse o documento de Información e Diagnóstico das DOT, neste enlace pode acceder ao documento en formato PDF.

Ano 2001

De Agosto 2001 a Setembro 2001, estivo activo o Canle de participación Institucional.

Ano 2002

25 de Febreiro de 2002: Documento de Hipóteses do Modelo Territorial.

Ano 2004

Xullo 2004: Borrador de avance das DOT.
Decembro 2004: Documento de Avance das DOT sometido ao procedemento de consultas establecido no apartado 4 do artigo 10 da Lei 10/1995.

Ano 2008

28 de Agosto de 2008: Documento aprobado inicialmente en setembro de 2008.
18 de Setembro de 2008: Publicación no DOG da Orde do 15 de setembro de 2008, pola que se aproban inicialmente as directrices de ordenación.

Ano 2009

09 de Novembro de 2009: Publicación no DOG da Orde do 9 de novembro de 2009 pola que se acorda retrotraer o expediente de tramitación das DOT ao inicio do proceso de tramitación ambiental- avaliación ambiental estratéxica.
Outubro 2009: Novo Documento de Inicio das DOT para AAE.

Ano 2010

Febreiro 2010: Documento de Referencia das DOT no seu proceso de AAE.
Xuño 2010: Documento aprobado inicialmente en xuño de 2010
Decembro 2010: Informe do proceso de participación pública e consultas.
Decembro 2010: Memoria ambiental.
Decembro 2010: Documentación da aprobación provisional.

Ano 2011

Febreiro 2011: Aprobación definitiva das DOT.