CMATI

|
|
|
Compartir

Xornada de Creación do Grupo de Traballo

O día 18 de xullo celebrouse na sala Eisenman da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela a Xornada de Creación do Grupo de Traballo para a Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia co obxecto de presentar as liñas básicas da estratexia, identificar aos axentes sociais (colectivos, profesionais, asociacións, etc.) interesados en participar na elaboración da mesma e crear un grupo de traballo no que estean representados os diferentes departamentos da Xunta da Galicia.

Esta estratexia enmárcase na iniciativa da Comisión Europea de desenvolver unha estratexia para unha Infraestrutura Verde Europea (Comunicación da Comisión Europea “Infraestrutura verde: mellora do capital natural de Europa” de 6 de maio de 2013). En España, a Lei 33/2015 do Patrimonio Natural e da Biodiversidade introduce a creación da “Estrategia Estatal de Infraestrutura Verde y de la Conectividad y Restauración Ecológicas”, que ten como obxectivo a identificación e conservación dos elementos do territorio que compoñen a infraestrutura verde, para que a planificación territorial e sectorial asegure a conectividade ecolóxica e a funcionalidade dos ecosistemas, a mitigación e adaptación aos efectos do cambio climático e a restauración de ecosistemas degradados. As comunidades autónomas deberán desenvolver as directrices desta estratexia estatal nun prazo máximo de tres anos desde a súa aprobación.

O obxectivo da xornada foi dobre: identificar os axentes sectoriais interesados en participar no deseño da estratexia galega de infraestrutura verde a través do proceso de participación pública que se porá en marcha nos próximos meses, e crear un grupo de traballo para a colaboración cos diferentes departamentos da Xunta de Galicia.

Calquera interesado en participar na elaboración desta estratexia pode comunícalo a través do correo electrónico infraestruturaverde.iet@xunta.gal

Documento/s relacionados
  • Programa Estratexia de Infraestrutura Verde de Galicia (pdf) Descargar  (338 KB)