CMATI

|
|
|
Compartir

Actividade 1 - Acción 1 - Visita Italia

Visita de estudo a casos de éxito – Italia

Xoves, 13 de febreiro de 2020 - Rufina ( FI) – Italia

A xornada de visita dividiuse en dúas sesións, a de mañá dedicada á presentación do proxecto “ FORESTA MODELLO delle MONTAGNE FIORENTINE”  ( http://www.forestamodellomontagnefiorentine.org/64/it/home.html ),con visitas ao “centro formazione forestale RINCINE” (localizado en Ricine – Londa) e aos bosques que gestinan. Acompañados por Antonio Ventre (responsable do centro de formación), Iacopo Battaglini ( titor de actividades didácticas e de adestramento), Stefano Berti (presidente da asociación foresta modelo), Mariña muñoz Duràn e Silvia Vannini (membros da asociación foresta modelo). A tarde estivo dedicada a visitar “ Lavacchio Organic Farm” e os seus arredores. Aproveitando tamén para presentar o proxecto FORVALUE.

Visitamos as zonas de curtas en monte baixo, onde se realiza unha selección de pés a conservar e elimínase o resto de monte baixo.

Estes restos de curta transfórmanse en acha directamente no monte, e consómense en caldeiras que dan servizo aos núcleos de poboación das proximidades.

Durante a presentación do seu proxecto resumíronnos en modelo de gobernanza, e de xestión da asociación, baseado fundamentalmente no voluntariado.

A xornada de tarde estivo dedicada a visitar “ Lavacchio Organic Farm” e os seus arredores, onde se produce viño, aceite de oliva, trigo e outros produtos de horta e xardinería. Este modelo de produción compleméntase con outras actividades enfocadas á transformación e ao turismo (restaurante, adega, muíño de vento, clases de cociña toscana, etc). A súa produción está baseada na agricultura ecolóxica, e de proximidade.