CMATI

|
|
|
Compartir

Aprendizaxe

O proceso de aprendizaxe no que participan os actores do GIFT implica identificar, analizar e transferir boas prácticas para mellorar os instrumentos políticos de desenvolvemento rexional para, en última instancia, ofrecer solucións que beneficien a toda a cidadanía.

Cada unha das rexións participantes no proxecto GIFT comparte co resto os seus coñecementos e experiencias específicas, creando así sinerxías que aumentarán a capacidade para activar a Infraestrutura Verde nas diferentes políticas sectoriais, o que conducirá a máis, mellores e máis robustos bosques, coa vista posta no fin último: deter a perda de biodiversidade e mitigar o cambio climático.

Esta aprendizaxe compartida ten dúas liñas: a realizada a nivel internacional (cos socios do proxecto) e a realizada a nivel rexional (cos axentes territoriais ou stakeholders).

As principais ferramentas de aprendizaxe son as Peer Review e a identificación de boas prácticas.

A. PEER REVIEW

Nas Peer Review (revisión por pares) un socio europeo recibe asesoramento e apoio de outros dous socios europeos para mellorar a súa política rexional. Estas revisións entre pares están abertas á participación do conxunto de socios, así como aos stakeholders.

O socio e os actores do país anfitrión integrarán as recomendacións resultantes do traballo de asesoría dos expertos europeos e dos stakeholders na xestión do instrumento político rexional.

As Peer Review, ademais de servir para mellorar o instrumento político de cada socio europeo, permiten coñecer de primeira man os desafíos ou retos do socio anfitrión a través de visitas de estudo, así como coñecer boas prácticas que poidan resultar útiles. Estas visitas realízanse a lugares de especial interese para o proxecto.

Primeira Peer Review e visitas de estudo

B. BOAS PRÁCTICAS

Todos os proxectos Interreg Europe deben integrar Boas Prácticas. Unha boa práctica defínese como unha iniciativa relacionada coa política de desenvolvemento rexional que demostrou ter éxito nunha rexión e que é de potencial interese para outras. Unha acción que se probou de éxito é aquela que deu resultados tanxibles e medibles para acadar un obxectivo específico. Cada rexión debe enviar un mínimo de tres boas prácticas na fase inicial. Aínda que o programa Interreg Europe se refire principalmente ás boas prácticas, a aprendizaxe valiosa tamén se deriva de prácticas non exitosas que se poden ter en conta no proceso de intercambio de experiencias.

Para coñecer estas Boas Prácticas os socios internacionais e rexionais celebran Seminarios temáticos interrexionais (ITS polas iniciais en inglés). As temáticas destes son:

  • ITS 1: Infraestrutura Verde integrada e conservación da biodiversidade.
  • ITS 2: Infraestrutura Verde integrada para bosques e árbores.
  • ITS 3: Infraestrutura Verde integrada para a conservación da biodiversidade, o cambio climático e os servizos ecosistémicos.