De acordo coas aprendizaxes adquiridas mediante as Peer Review e as Boas Prácticas, cada socio rexional elabora un plan de acción para a mellora das políticas. É un documento no que se especifica como as leccións aprendidas da cooperación co resto de socios e dos stakeholders, na fase central do proxecto, se implementarán en cada rexión co obxectivo de mellorar o instrumento político.
O plan de acción proporciona información sobre a natureza e o calendario das accións, os stakeholders involucrados e a forma na que as accións se derivan do proxecto.
Este plan de acción será necesario para aqueles socios que non acaden na fase central do proxecto unha mellora na política sectorial obxecto desa rexión.