CMATI

|
|
|
Compartir

Memoria ao Parlamento

Coa aprobación das Directrices de ordenación do territorio emprendeuse un camiño que será quen de conducir a Galicia cara unha sociedade sustentable. O conxunto de obxectivos específicos e determinacións deste documento marco da ordenación territorial persegue ese obxectivo xeral.

A elaboración deste marco normativo para a planificación territorial, a través do procedemento de avaliación ambiental estratéxica, tivo moi presente, dende un principio, a forma en que haberían de  avaliarse os efectos do seu desenvolvemento, ben de xeito directo, mediante o cumprimento das tarefas ou mandatos sinalados para a administración pública, como de xeito indirecto, mediante a vinculación das distintas políticas sectoriais cos aspectos clave e variables de sustentabilidade.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, como responsable da ordenación do territorio, ten encomendada a elaboración dunha Memoria para o Parlamento de Galicia, na que se de conta do estado das Directrices de ordenación do territorio de Galicia, segundo se indicou na lei de ordenación do territorio de Galicia.

A avaliación do estado de desenvolvemento das DOT, o seguimento dos seus obxectivos e determinacións faise segundo o procedemento establecido polo Decreto 176/2013, do 21 de novembro, polo que se aproba o Plan de seguimento das directrices de ordenación do territorio de Galicia e da sustentabilidade territorial (PSST).

 

Documento/s relacionados