CMATI

|
|
|
Compartir

Inicio

DESOURB, acrónimo de "Desenvolvemento Sustentable Urbano" enmárcase no Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2007-2013 que promove o desenvolvemento das zonas fronteirizas entre España e Portugal, reforzando as relacións económicas e as redes de cooperación existentes entre as cinco áreas definidas no Programa.

O proxecto DESOURB, aprobado en marzo de 2011, e que se desenvolverá ao longo de dous anos, conta cun orzamento de 1.500.000 euros, dos que o 75% están financiados con Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional (FEDER).