CMATI

|
|
|
Compartir

Desourb

DESOURB é un proxecto cuxo fin é dar resposta á necesidade de dotar de instrumentos analíticos que permitan unha adecuada xestión do territorio.

A necesidade de implementación deste proxecto fundaméntase na actual fragmentación do territorio ámbolos os dous lados da fronteira. A ordenación e xestión do mesmo realízase de maneira desconectada da contorna e iso dá lugar á constitución de centros urbanos illados. As consecuencias desta desconexión e fragmentación son visibles en aspectos como o desenvolvemento das infraestruturas loxísticas ao longo do territorio transfronteirizo.

Este proxecto responde a unha necesidade de homoxeneización da información xeográfica e á implementación dunha metodoloxía común para a xestión do territorio. Búscase que esta metodoloxía responda a criterios de sustentabilidade e, por último trátase de avanzar todo o posible en materia de cooperación de segunda xeración na ordenación e xestión do territorio.