CMATI

|
|
|
Compartir

Instituto de Estudos do Territorio

O proxecto DESOURB conta con tres socios dun lado a Xunta de Galicia, socio que liderará e coordinará o proxecto, e doutro o Eixo Atlántico a través das súas oficinas de Vigo e O Porto.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia ostenta as competencias en materia de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio cuxa titularidade recae na Administración Autonómica, así como todas aquelas referidas á protección ambiental. Así mesmo, o Decreto 244/2011 do 29 de decembro, polo que se aproban os estatutos do organismo autónomo Instituto de Estudos do Territorio, adscrito á citada Consellería, ten por obxecto a análise, estudo e asesoramento en materia de urbanismo e ordenación do territorio, entendéndose comprendida nel a ordenación, protección e xestión da paisaxe.