CMATI

|
|
|
Compartir

Introdución: Directrices de paisaxe

As directrices de paisaxe serán as determinacións derivadas do Catálogo das Paisaxes de Galicia que definirán e precisarán para cada unidade os obxectivos de calidade paisaxística que se pretendan alcanzar.

Estes obxectivos de calidade paisaxística deben expresar as aspiracións da cidadanía en canto á valoración e grao de compromiso da colectividade na protección das nosas paisaxes, polo que a determinación destes obxectivos farase mediante un proceso de participación pública.

As directrices de paisaxe incluirán:

a) A definición dos obxectivos de calidade paisaxística para cada unidade de paisaxe.

b) Unha proposta de medidas e accións específicas para alcanzar os obxectivos de calidade e de recuperación daquelas áreas nas que existen ámbitos degradados.

c) Unha descrición dos indicadores de calidade paisaxística para o control e seguimento do estado e evolución das unidades de paisaxe.

d) Unha serie de normas e recomendacións para a definición dos plans urbanísticos e sectoriais e das estratexias rexionais ou locais encamiñadas a un desenvolvemento sustentable do territorio, a fin de integrar neles os obxectivos de calidade paisaxística.

GSA Buscador Simple Interior is temporarily unavailable.